domingo, 25 de febrero de 2018
Visita familia Alba Calvo
O venres visitounos Luis, o pai de Alba Calvo, para explicarnos e amosarnos un pouquiño da natureza que nos arrodea. @s piratas quedaron abraiados e puideron tocar, escoitar, observar , ver e desfrutar dos tesouros de Luis. Unha gran experiencia para eles!!Moitas grazas por vir!!Aquí vos deixamos o vídeo!!
domingo, 18 de febrero de 2018
ENTROIDO PIRATA
A CONTINUACIÓN, PODEREDES VER O GRAN TRABALLO QUE FIXERON @S PIRATAS PARA TER TODO LISTO PARA O ENTROIDO!!GRAZAS AS FAMILIAS POR ESTAR SEMPRE AÍ!!
viernes, 16 de febrero de 2018
jueves, 15 de febrero de 2018
Decoración porta 6º Infantil
Este ano, dentro do proxecto das Tradicións, tóuconos decorar a porta da nosa aula con motivo do Entroido. Quereder vela???
Visita cigarrón
Para que o alumnado puidese ver como é de verdade o traxe dos cigarróns, un familiar de 5º de Infantil, vestiuse de Cigarrón. Moitas grazas, foi imptresionante!!!
miércoles, 14 de febrero de 2018
Día da paz
Para conmemorar o Día da Paz e non violencia fixemos diversas actividades no noso cole: un mural dunha pomba da paz cos papeis das magdalenas, unha pomba xigante con lazos brancos e, finalmente, bailamos a canción de Imagine de John Lenon, cantada polo alumnado de primaria.
aquí podedes velo!!!
Obradoiro Nutrición
Neste obradoiro o alumnado aprendeu en que consiste unha alimentación saudable e os efectos nocivos dunha mala alimentación a través do conto de dous nenos, Pepón e Gustavo. Despois do conto tivemos unha breve charla sobre as diversas familias de alimentos e rematamos a actividade cun obradoiro de cociña, onde aprendemos a facer unha pizza moi sana.
sábado, 3 de febrero de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)