viernes, 27 de abril de 2018
Piratas en abril
Xa remata abril e seguimos descubrindo e experimentando na clase dos Piratas. Chega a primavera e por arte de maxia comeza unha revolución ao noso arredor: cores, natureza...Mirade, mirade!!
Sementando en 6° Infantil
O xoves 26 de abril foi un día moi completo, ademais de celebrar o Día do Libro, fomos sementar perexil na nosa horta escolar.
DÍA DO LIBRO EN INFANTIL
O alumnado de 6º de Primaria leu aos de 3 anos, os de 5º de Primaria tocoulles os de 4 anos e os de 4º de Primaria estiveron cos de 5 anos.
Foi unha actividade moi bonita!!
martes, 24 de abril de 2018
viernes, 20 de abril de 2018
Marcapáxinas Día do Libro de 6° Infantil
Para conmemorar o Día do Libro este año decidimos facer uns orixinais marcapáxinas para nós e ao alumnado de 4° de primaria que nos vira o xoves 26 a contar uns contos.
jueves, 19 de abril de 2018
Xogo atención e lateralidade 6°Infantil
Hoxe para traballar a atención e a lateralidade fixemos o xogo de: "onde está a formiga?"
Poñemos 3 caixiñas baleiras e o xogo consiste en esconder unha formiga nunha das caixiñas e mesturalas ben. Logo os nen@s deben dicir se formiga está na esquerda, dereita ou no centro.
miércoles, 18 de abril de 2018
Técnica Soplado pajita
Esta semana aprendimos unha nova técnica artística de pintura: O soplado con pajita.
Visita Alcampo 6º Infantil
O pasado martes 17 de abril o alumnado de 6º de Infantil fomos visitar a Hipermercado Alcampo. Alí explicáronnos a diferencia entre hipermercado e supermercado, vimos as diferentes secciones da tenda e coñecemos máis en profundide os obradoiros de panadería (como se fai o pan, cales son os ingredentes que leva o pan, o tempo de fermentación e como se envasa o pan) e o de carnicería (como se envasa a carne, que pon en cada etiqueta...).
Foi unha visita divertidísima e non paramos de probar os distintos artigos que alí se vendían.
jueves, 5 de abril de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)