jueves, 31 de octubre de 2019
Visitando a exposición de cabazas en 4 anos
Hoxe visitamos a exposición de cabazas de Samaín do noso cole e quedámonos impresionados cos artistas que son os nenos/as e as súas familias. Moitas grazas pola vosa participación.
miércoles, 30 de octubre de 2019
Cociñando en Samaín
Este ano para celebrar a festa do Samaín decidimos realizar un obradoiro de cociña terrorífica co alumnado nas diferentes aulas de infantil.
- en 4º de infantil fixemos mans terroríficas e xiringas de sangue.
- en 5º de infantil momias e escobas de bruxas.
- e en 6º de infantil mazás podres e dedos cortados.
Pero o máis divertido foi a merendola que fixemos despois, onde degustamos todas as nosas creacións.
martes, 29 de octubre de 2019
Búsqueda do tesouro. 5anos.
Hoxe visitamos a biblioteca do cole . Crocus, a mascota, deixounos unha serie de pistas para que atopásemos un tesouro agochado na biblioteca. Eran unhas moedas de chocolate e uns marcapáxinas que logo pintamos na aula.
Xogo orientación espacial en 4 anos
Este xogo consiste en reproducir unha imaxe, seguindo un modelo determinado. Con este tipo de xogos o alumnado traballa nocións básicas espaciais como arriba e abaixo, esquerda e dereita, a lateralidade e a orientación espacial.
Cumple Gabriel 4 anos
Hoxe Gabriel cumpliu 4 anos. Celebramos o seu cumpleanos vendo algunhas fotos de cando era máis pequeniño. Para celebrar o seu cumple empregamos o método "A celebración da vida" de Montessori, onde o neno se sitúa no mes do seu nacemento (neste caso outubro) e mentres lle cantamos unha canción, o alumno debe percorrer os doce meses do ano co globo terráqueo nas mans.
Con esta celebración os nenos/as profundizan na comprensión do paso do tempo ao recoñecer canto creceron e como cambiaron dende que naceron, ademais pouco a pouco o alumnado introdúcese en conceptos como o ano, os meses e que a Terra xira ao redor do Sol.
Parabens Gabriel!!!!
Con esta celebración os nenos/as profundizan na comprensión do paso do tempo ao recoñecer canto creceron e como cambiaron dende que naceron, ademais pouco a pouco o alumnado introdúcese en conceptos como o ano, os meses e que a Terra xira ao redor do Sol.
Busqueda do tesouro. 3 anos
Inauguramos a Biblioteca o 28 de outubto coa busqueda do tesouro. Crocus a mascota foinos deixando pistas e finalmente atopamos o tesouro.
lunes, 28 de octubre de 2019
Búsqueda do tesouro en 4 anos
Hoxe 28 de outubro inauguramos a biblioteca do cole para este curso escolar. E fixémolo cunha actividade moi divertida que nos propuxo Crocus, a mascota da biblioteca: unha búsqueda de tesouro.
Finalmente atopamos o tesouro: unhas monedas de chocolate e un marcapáxinas, que despois decoramos na aula. Queredes velo???
Finalmente atopamos o tesouro: unhas monedas de chocolate e un marcapáxinas, que despois decoramos na aula. Queredes velo???
domingo, 27 de octubre de 2019
viernes, 25 de octubre de 2019
Exposición cabazas 4 anos
Así quedaron as nosas cabazas na exposición de Samaín. Tamén colaboramos coa decoración deste espazo, facendo dous esqueletos con rollos de papel hixiénico e monstruos Frankestein cos nosos pés.
jueves, 24 de octubre de 2019
Clase de Musica. 3 anos
Imos coñecendo novos instrumentos na clase de Musica. Melanie nos presentou o bombo e quedamos abraiados.
Xogo Caperucha Vermella. 3 anos
Descubrimos un xogo novo debemos axudar a Caperucha a chegar a casa da sua avoa pero debemos escoller o camiño correcto. Neste xogo traballamos a capacidade loxica-matematica.
Obradoiro cabazas terroríficas en 4 anos
Hoxe fixemos un obradoiro moi divertido na nosa aula: decoramos unhas cabazas de Samaín.
Tivemos que vaciar as cabazas coas mans ou coa axuda de culleres. Despois as decoramos e finalmente lle metemos unha vela para iluminadas.
Ademais fixemos un obradoiro de maquillaxe, pintando ao alumnado cunha cabaza na cara.
Foi divertidísimo!!! ;-)
Moitas grazas as nais de Carla, Julia e Sara pola idea e pola cosa colaboración.
miércoles, 23 de octubre de 2019
Saída Fundación Sales
O mércores 23 de outubro fomos de saída a visitar a Fundación Sales, onde descubrimos, a través de diversas pistas, moitas árbores e plantas que descoñeciamos, divertímonos no xardín/laberinto de bambús e prantamos unha bellota. Foi estupendo!!!
Portadas contos de medo. 3 anos
O equipo de Dinamizacion da Lingua Galega propuxo facer contos de medo e os cativos de Infantil fixemos unhas portadas terrorificas: unha pantasma, unha araña e cabazas.
martes, 22 de octubre de 2019
Portada contos de medo 4 anos
Para traballar a festa do Samaín, dende a equipa de dinamización de lingua galega, este curso escolar propúxose que o alumnado de primaria inventase unha breve historia de medo e que o alumnado de infantil crease as portadas deses contos de medo. Estas son as portadas que fixemos na aula de 4 anos.
Beehives. 3 anos
Traballamos a motricidade fina co xogo de Beehives debian atrapar a abella coas pinzas e depositala na colmea da mesma cor.
Manualidade esqueleto Samaín en 4 anos
Para decorar os corredoiros do noso cole, coa temática do Samaín, fixemos un esqueleto humano, o que nos permitiu traballar as partes do noso corpo e os nosos osos. Para elo pedimos a colaboración do noso esqueleto favorito: Anacleto!!
lunes, 21 de octubre de 2019
domingo, 20 de octubre de 2019
Proxecto Meiguiña. 5 anos.
Como estamos a traballar co proxecto de Samaín "Meiguiña" xogamos a buscar as letras e formar o nome dos amigos de Meiguiña.
viernes, 18 de octubre de 2019
O dado das emocions. 3 anos
Xogamos o dado das emocions cada neno tiña que poñer a expresion da emocion que lle tocaba. Traballamos as emocions fundamentais na etapa Infantil.
jueves, 17 de octubre de 2019
Sesión contacontos en Infantil
O xoves 17 de outubro tivemos unha sesión de contacontos con Ángeles Escribano, onde poidemos coñecer 3 contos:
Tamén fixemos unhas actividades sobre Palabras con corazón e O monstruo de colores
Foi moi divertido!!! Aquí poderes velo!!
- Todo el mundo va
- Cuquedo
- Cocodrilo
Tamén fixemos unhas actividades sobre Palabras con corazón e O monstruo de colores
Foi moi divertido!!! Aquí poderes velo!!
Marcapaxinas de Igor. 3 anos
Tivemos un contacontos fabuloso e previamente fixemos un marcapaxinas con tempera solida de Igor a mascota do conto.
miércoles, 16 de octubre de 2019
Hora de ler en 4 anos
Hoxe recibimos a visita de Ángel, de 2° de Primaria e irmán de Miguel, que na hora de ler veu a nosa aula a lernos un conto.
Xogos matemáticos 4 anos
Para traballar as habilidades cognitivas e concretamente o pensamento lóxico matemático, a mellor maneira é a través dos xogos, que favorecen a aprendizaxe de forma lúdica. No xogo de hoxe, o alumnado tiña que xuntar punzóns ata obter unha cantidade determinada. Plantexamos tres posibles alternativas e o alumnado deberá escoller a opción correcta.
Manualidade Frankenstein 4 anos
Esta semana decoramos a nosa aula, con motivo do Samaín, cunha manualidade de Frankenstein, feita cos nosos pes.
martes, 15 de octubre de 2019
Gato Samain. 3 anos
Estivemos facendo un gato negro de Samain e poñendolle pelos con boliñas de papel charol. Desta forma seguimos traballando a motricidade fina moi necesaria.
lunes, 14 de octubre de 2019
Cabazas en 3 anos
Seguimos co Samain e preparamos unhas cabazas picamos a cabeza e a boca pegamos os ollos e o talo. Cada cabaza mostra unha emocion.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)