Que guap@s estabamos cos gorros de rusos.
sábado, 21 de diciembre de 2019
viernes, 20 de diciembre de 2019
Actuación Nadal 5 anos
Aquí podedes ver unha pequenha mostra da actuación do alumnado de 5 anos no noso Festival de Danzas do Mundo de Nadal.
Chocolatada. 3 anos
A Anpa organizou unha chocolatada para os nenos e as familias. Cómo nos gustou o chocolate e qué rico estaba.
Actuación Festival Nadal 3 anos
Aquí podedes ver a actuación do alumnado de 3 anos no Festival de Danzas do Mundo de Nadal.
Festival Nadal 4 anos
Aquí vos deixo as dúas actuacións do alumnado de 4 anos no Festival de Nadal deste curso, coa temática de Danzas do mundo.
jueves, 19 de diciembre de 2019
Visita de Papá Noel en infantil
Hoxe veu de visita ao noso cole Papá Noel. Todo o alumnado tiña preparadas as súas cartas para poder entregárllelas hoxe e contarlle os nosos agasallos desexados.
Cumpreanos Lucía S. 3 anos
Lucía cumpriu 3 anos e celebrámolo co Metodo Montessori. Tamén vimos unha foto de cando era bebé e un recordo do seu bautizo. Parabens Lucía.
Maleta Viaxeira Érika. 3 anos
Érika contounos que o conto que máis lle gustou foi Corre corre Cabaciña e que debuxou a avoíña e a Frozen porque lle gusta moito Frozen.
miércoles, 18 de diciembre de 2019
Felicitación Nadal. 3 anos
A clase de 3 anos quérevos desexar un Bo Nadal e un feliz comezo de aninovo. Ogallá este ano se cumpran todos os vosos desexos. Unha aperta e felices festas.
martes, 17 de diciembre de 2019
Libro Viaxeiro Alan. 3 anos.
Alan ensinounos o que fixo co Monstro das Cores axudoulle tamén a montar a árbore de Nadal e disfrutou moito con él.
Cartas Papá Noel en 4 anos
Ya temos preparadas as nosas cartas para Papá Noel, que virá visitarnos ao cole o xoves 19 de decembro.
Xogo cos Bloques Lóxicos. 3 anos
Carolina fíxonos hoxe un xogo cos Bloques Lóxicos. Ela poñía unha serie: cadrado grande cadrado pequeno... e había que continuala.
lunes, 16 de diciembre de 2019
Carta a Papa Noel. 3 anos.
O xoves vai vir Papa Noel o colexio así que comezamos a prepararlle a carta. Primeiro coloreamos a Papa Noel e despois escollemos do catálogo de xoguetes un ou dous para pedirlle a Papa Noel por Nadal. Finalmente recortámolo e pegámolo na carta. Qué emocionados estábamos.
Maleta de poesía. 3 anos
Crocus a mascota da biblioteca deixounos hoxe na clase a maleta da poesía. Traianos un montón de contos do xénero da poesía. Julia que era a encargada escolleu o de "5" para contar.
Cumpreanos de Julia. 3 anos
Foi o cumpreanos de Julia celebrámolo co método Montessori e ademais vimos unha canastilla con cousiñas de cando Julia era bebé e un mural precioso con fotos de Julia ó longo dos seus tres anos de vida. Parabens Julia e grazas por compartir os teus recordos connosco.
Mural igualdade patio Infantil.
Hoxe colaboramos na creación dun mural sobre a igualdade no patio. Cada aula tiña mos que elixir un símbolo e despois plasmalo no mural. Unha verdadera obra de arte!!
sábado, 14 de diciembre de 2019
Dominó de sinais de tráfico. 5 anos.
Xogamos co dominó das sinais de tráfico favorecendo a concentración, a memoria, a lóxica e aprendendo o significado das sinais.
Árbores de Nadal do cole. 5 anos.
As nais e pais do Anpa colocaron duas árbores de Nadal e colgaron os adornos que trouxeron os nen@s da casa elaborados polas familias. Quedaron así de bonitos.
Xogo das metades. 5 anos.
A este xogo podemos xogar de duas formas; buscar a metade dunha figura entre un montón de metades ou repartirlle a cada nen@ unha metade e o nen@ que teña a outra ten que sair a colocala.
Calendario. 5 anos.
Estamos facendo un calendario entre todos os cursos. Como a nós tocounos Rusia, pintamos e decoramos unhas matrioshkas.
viernes, 13 de diciembre de 2019
Maleta Viaxeira Héctor. 3 anos
Héctor disfrutou moito coa Maleta Viaxeira o conto que máis lle gustou foi o de Corre Corre Cabaciña e sobre todo a canción
Maleta de poesía. 5 anos.
Esta semana Crocus deixounos unha maleta cargada con contos de poesía. Escollemos os que máis nos gustaron entre eles "mamá cabra" que nos encantou e logo escoitamos as cancións.
miércoles, 11 de diciembre de 2019
Postal de Nadal. 3 anos.
Estamos facendo unha postal de Nadal. Primeiro fixemos a pegada do noso pé para facer o corpo do Rei Mago e despois pegámoslle os ollos o nariz e a coroa e por último debuxamos a boca.
Caixa Máxica. 3 anos
A profe Carolina tróuxonos un xogo a caixa máxica. Debían meter a man dentro e adiviñar os obxectos que tiña . Grazas profe Carolina por toda a túa colaboración.
Xogo cartas de figuras xeométricas. 3 anos
Seguimos traballando coas cartas pero hoxe coas formas xeométricas. Cada neno debía coller unha carta e buscar a figura xeométrica correspondente. Tamén debía tentar describila:cor,tamaño..
Problema conto "A cigarra e a formiga" en 4 anos
Neste novo problema o alumnado debía averiguar cántos grans de trigo podía levar a formiga ao seu formigueiro en 3 días, sabendo que cada día a formiga soamente pode levar 2 grans.
martes, 10 de diciembre de 2019
Debuxamos con lá. 3 anos.
Hoxe debuxamos con lá imaximábamos o que queríamos plasmar no papel un coche un animal.. e lle dábamos forma coa lá. Tamén se pode debuxar con outras texturas sen ser o lapis.
lunes, 9 de diciembre de 2019
Resolución problemas 4 anos
Hoxe plantexamos un novo problema a resolver na aula, relacionado co conto "A cigarra e a formiga".
A situación era a seguinte: unha formiga leva 2 grans de trigo e 5 de cebada ao seu formigueiro para alimentarse durante o inverno, cantos grans levou en total?
Con este problema iniciámonos no concepto de suma (xuntar diferente elementos).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)