sábado, 29 de febrero de 2020
Camiña con nós pola igualdade. 5 anos.
O venres tivemos unha actividade de igualdade do Concello. Elsa contounos o conto "Lola e os xoguetes" co kamishibai, fixemos un xogo de reparto de xoguetes e cantamos a canción " eu teño un superpoder". Grazas Elsa!
viernes, 28 de febrero de 2020
Maleta Viaxeira Miguel. 3 anos.
Miguel levou a maleta, o conto que máis lle gustou foi Corre Corre Cabaciña e fixo un croquis do conto. Nel a avoa quería comela un lobo, un dinosaurio e un can.
Experimento facemos neve. 3 anos.
Comezamos cos experimentos da auga hoxe fixemos neve con Bicarbonato de Sodio e Auga.
jueves, 27 de febrero de 2020
Cumpreanos Lucía P. 3 anos
Lucía celebrou o seu cumpreanos coa metodoloxía Montessori e ensinounos un montón de fotos de cando era pequena e un moneco tamén. Parabens Lucía.
viernes, 21 de febrero de 2020
Desfile Entrido en 4 anos
Aquí podedes ver un resumo do desfile, quema do Meco e posterior festa do Entroido na aula de 4 anos.
jueves, 20 de febrero de 2020
ORDES DO MECO EN 4 ANOS
Durante toda a semana tivemos que seguir as ordes do noso Meco trouleiro, que ademáis veu de visita a nosa aula para comprobar que as seguíamos. Así de guap@s viñemos toda a semana. Qué divertido foi!!!
Despedida do Meco. 3 anos
Démoslle unha aperta de despedida o Meco porque nos viu visitar tódolos días para ver si cumprimos as ordes e collémoslle moito cariño. Grazas Meco.
O teu disfraz favorito. 3 anos.
"O teu disfraz favorito hoxe será o máis bonito" e trouxemos unhos disfraces preciosos e moi simpáticos.
miércoles, 19 de febrero de 2020
Elegante tes que estar. 3 anos.
Elegante tes que estar para no cole fardar era a orde de hoxe e vimos super elegantes. Estábamos guapísimos.
Cumpreanos Enzo e Teo. 3 anos.
Enzo e Teo cumpriron 4 anos e celebrámolo seguindo o método Montessori. Despois sopramos as velas e cantamos. Parabens Enzo e Teo.
martes, 18 de febrero de 2020
Proxecto planetas. 5 anos.
Gústanos traer libros da casa con información sobre os planetas e debuxos para compartir cos amig@s.
Con moitas cores has de vir. 3 anos
Hoxe trouxemos a orde do Martes "Con moitas cores has de vir se nos queres facer sorrir". E ademais describimos as cores que levábamos na vestimenta.
Libro Viaxeiro Monstro. Lucía S. 3 anos
Lucía levou o montro e compartiu con el moitos momentos: xogaron en casa, foron a Portugal.. que ben o pasaron.
lunes, 17 de febrero de 2020
Visita Meco en 4 anos
Hoxe veu a nosa aula o Meco trouleiro para comprobar que cumpriamos as súas ordes. Estamos desexando que volva visitarnos mañá!!!
domingo, 16 de febrero de 2020
Corazóns . 5 anos.
Pintamos uns corazóns estampado papel burbulla en témpera vermella. Escribimos a palabra amor e conversamos sobre as persoas que queremos moito para regalarllo.
sábado, 15 de febrero de 2020
Visitamos o Meco en 4 anos
O xoves fomos coñecer ao Meco trouleiro e teremos que ir visitalo cada día para coñecer as ordes que nos vai dando.
viernes, 14 de febrero de 2020
Prantando en 4 anos
Os pais e nais do ANPA do noso cole están decorando a zona da horta e do invernadoiro e o alumnado de 4 anos fixo, a súa pequenha colaboración, prantando algúns bulbos.
Cintas de Indios. 3 anos
Facemos unha cinta de indios. Para elo practicamos a motricidade fina pegando os gomets e a pruma. Como disfrutamos no Entroido
Ordes do Meco
Como cada ano veu de visita o noso cole o Meco, que nos dará para cada día da semana unha orde diferente.
jueves, 13 de febrero de 2020
miércoles, 12 de febrero de 2020
Pintura con pompas de xabón en 4 anos
Hoxe aprendemos unha nova técnica plástica: a pintura con pompas de xabón.
Con esta actividade non só nos divertimos, senón que estimulamos a linguaxe oral e a pronunciación, xa que ao soplar o alumnado exercita a musculatura das meixelas e o posicionamiento da lingua.
O número 1. 3 anos.
Traballamos a cantidade e tamén a grafía. Debíamos realizar o trazo do número 1, primeiro con gomets e despois co lapis.
Xogo do Dado. 3 anos
Seguimos traballando a asociación do número e cantidade. Neste caso debemos tirar o dado e poñer o mesmo número de animais que de puntos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)