É por suposto axudamos a asar as castanas, que despois degustamos!!
Pasámolo moi ben!!!
Queredes velo?
Hoxe na aula de 5 anos o esquío Darío agochou letras nas nosas caixas de outono. Primeiro buscámolas todas, e despois ordenámolas para compoñer as palabras que se escondían en cada caixiña.
Tamén traballamos as simetrías: escollimos follas de distintos tamaños e formas, recortámolas pola metade e pegamos unha parte nun folio, tendo que debuxar a outra parte cun rotulador.
Ademais rematamos de colorear os mandalas e continuamos a traballar vocabulario nos nosos encerados. Cubrímolos de xiz e escribimos sobre eles cun pincel que mollamos previamente en auga. Deixámosvos un vídeo con imaxes sobre algunhas destas cousiñas que estivemos a facer na aula: