lunes, 31 de enero de 2022
sábado, 29 de enero de 2022
Proxectos en 3 anos
Iniciámonos no proxecto do Camiño de Santiago, creando un novo minimundo.
Ademais esta semana volveunos tocar o coidado das galiñas.
Tamén traballamos un pouco a grafomotricidade. Estas foron algunhas das propostas que fixemos.
viernes, 28 de enero de 2022
Formiguiñas de Plastilina. 5 anos
Proseguimos co Proxecto dos Animais. Pintamos as pirámides con témpera sólida e despois fixemos catro formiguiñas con plastilina, o corpo con tres boliñas de plastilina negra e as patiñas e antena con plastilina vermella. Os exercicios con plastilina son moi bós para a motricidade fina e coordinación.
Cumpreanos de Héctor. 5 anos
Héctor foi o primeiro da clase en cumprir 6 anos e estaba moi emocionado. Celebramos o cumpreanos seguindo o método Montessori e demos 6 voltas arredor do sol. Despois vimos unha cartolina que trouxo Héctor con montón de fotografías que nos encantou. Tamén trouxo uns chupetes e un peluche de cando era bebé. Gran traballo Héctor e moitos parabéns.
jueves, 27 de enero de 2022
Pisadas do Camiño.5 anos
Comezamos a elaborar un mural do Camiño de Santiago. Pintamos as letras con témpera sólida e despois plasmamos a nosa pisada con témpera líquida. Este mural vai representar o Camiño Portugués saimos do colexio e iremos cada semana estudiando distintos lugares do Camiño ata chegar a Santiago.
miércoles, 26 de enero de 2022
Animais de Granxa. 5 anos
Continuamos co Proxecto dos Animais e vimos os Animais de Granxa. Primeiro recortamos trociños de goma eva brillante para facer o chan, despois estampamos con esponxa distintos animais: galo, vaca, porco e coello. Cómo nos gustan os animais.
martes, 25 de enero de 2022
Xogo da Froita. 5 anos.
Comezamos o día lendo o conto: ESA FROITA É MIÑA. É un conto que ensina o traballo en equipo e o esforzo. Despois de ler fixemos o Xogo das Froitas: tiñamos que visualizar onde estaba a froita e despois descubrir a súa parella. Este xogo mellora a memoria e a atención ademais do vocabulario.
lunes, 24 de enero de 2022
Decoramos o fondo las Letras da Paz. 5 anos.
Decoramos o fondo de Papel Continuo das Letras da Paz. O anterior día fixemos as letras con dúas técnicas e hoxe decoramos o fondo das frases con gomets de cores e con brillantes. Quedáronnos chulísimas.
viernes, 21 de enero de 2022
Informática. 5 anos
Retomamos as clases de Informática o finalizar as obras nesta aula. Hoxe xogamos un xogo novo: o Caracol Bob. Un xogo que entraña máis dificultade ademais do manexo do rato e teclado implica tamén estratexia. Pasámolo moi ben.
jueves, 20 de enero de 2022
Jenga Xigante. 5 anos
Estreamos un novo xogo no patio a Jenga Xigante debíamos colocar as pezas de madeira formando distintas formas e ir quitando unha sen que caera a edificación. Qué divertido foi e qué ben o pasamos.
Letras da Paz. 5 anos
Entre tódolos mensaxes dos nenos e nenas de Paz escollemos dúas frases: A Paz comeza cun sorriso e A Paz é compartir. E decoramos estas dúas frases con distintas técnicas: dous equipos pintaron as letras con témpera sólida e despois pegaron pedras brillantes e os outros dous equipos pintaron as letras con témpera líquida e papel de burbulla. Estas dúas frases formarán parte das escaleiras do noso colexio cando estén rematadas.
miércoles, 19 de enero de 2022
Skyline da Catedral de Santiago. 5 anos
Comezamos a investigar o Proxecto de Centro deste ano do Camiño de Santiago. Comezamos a elaborar unha lámina Skyline da Catedral de Santiago. Hoxe fixemos o primeiro paso que foi estampar con esponxa o ceo de azul e nubes prateadas. O seguinte día continuaremos estampando a Catedral e finalmente os edificios. Tamén limos o conto de Valentino Pelegrino que lles encantou.
martes, 18 de enero de 2022
Prantamos fresas. 5 anos
Aproveitando o día tan bo que estaba fumos o horto a prantar fresas. Primeiro sacamos as malas herbas que naceran, a continuación botamos terra para encher os ocos e rastrillamos a terra. Finalmente fixemos un burato e prantamos as fresas. Qué ganas de que crezan e degustalas.
lunes, 17 de enero de 2022
Pintamos con Pipeta. 5 anos
Probamos unha nova técnica pintamos con pipeta. Primeiro mesturamos a auga con témpera disolvéndoa, despois debemos ir botando gotas de cores coa pipeta e movendo as gotas en distintas direccións. Qué divertido foi.
jueves, 13 de enero de 2022
Mariposas de Celofán. 5 anos
Retomamos o Proxecto dos Animais. Primeiro na Asamblea formamos con pedras e pezas traslúcidas o corpo da Mariposa. Despois fixémoslle as ás con celofán tiñamos que recortar con precisión un semicírculo. Finalmente troquelamos trociños de goma eva para decorar as ás. Encantounos troquelar distintas formas e decorar as nosas mariposas.
miércoles, 12 de enero de 2022
Pomba da Paz. 5 anos
Comezamos a preparar o día da Paz. Pintamos unha Pomba coa técnica do Puntillismo e con témpera fosforita. Quedáronnos preciosas.
Mesa de luz. 5 anos
Xogamos a un novo xogo coa Mesa de Luz con pedras translúcidas. Debíamos colocalas en distintas formas e secuencias. Encántanos traballar coa Mesa de Luz.
martes, 11 de enero de 2022
Series Lóxicas. 5 anos
Comezamos retomando as series lóxicas, en concreto grande-pequeno. Primeiro na asamblea fixemos un xogo e nos colocamos por parellas grande-pequeno, nos volvíamos mesturar e debíamos volvernos colocar por quendas grande-pequeno. Foi moi divertido. A continuación, fixemos a serie coas pegatinas dos animais grande-pequeno e picamos para ver que se escondía detrás.
Comezamos o segundo trimestre en 4 anos
Comezamos o segundo trimestre!! Aquí vos deixamos un resumo do ben que o pasamos en decembro na clase de 4 anos. Esperamos que estedes ben e tivérades boas festas. Feliz 2022!
lunes, 10 de enero de 2022
Agasallos de Nadal. 5 anos
Papá Noel e os Reis Magos pasaron pola nosa clase. Deixáronnos 3 agasallos: un xogo de Motricidade Fina onde temos que colocar as bolas nas plantillas con pinzas, unha roda de cores que serve para facer construccións e figuras e unha pranta que deberemos coidar tódolos días o encargado será o seu responsable. Qué contentos quedamos cos agasallos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)