viernes, 25 de febrero de 2022
Festa de Entroido. 5 anos
Festexamos o Entroido. Primeiro sacamos unhas fotos de grupo. Grazas as familias por sacarse tamén unha foto con nós. A continuación, collemos as moedas do Camiño de Santiago na clase e fomos buscar un choripán que nos daban a cambio dunha moeda. Degustámolo no patio estaba riquísimo. Despois xogamos un pouco e enseguida saímos para o desfile onde vimos os disfraces dos outros grupos e bailamos a canción de Tanxugueiras. Qué día máis divertido!. Podedes velo no vídeo.
jueves, 24 de febrero de 2022
Xogo do Camiño de Santiago. 5 anos.
Fixemos un Xogo con Pistas do Camiño de Santiago había sete pistas que nos indicaban onde buscar sete obxetos relacionados co Camiño de Santiago. Pasámolo de maravilla e aprendemos un montón de cousas. Atopamos unha cuncha coa que beben os peregrinos, un sombreiro para o sol, cómo se fai o camiño: a pé, a cabalo ou coa bici, tamén sinais do camiño, unha mochila e por último un puzzle da Catedral de Santiago. Ó resolver tódalas pistas obtivemos a Compostelana do Camiño.
Día de Rosalía de Castro. Infantil.
Conmemoramos o dia de Rosalía de Castro grabando a canción do Moucho todo Infantil. Podedes vela e ver o ben que o fixeron os nenos.
Ademais escribimos e decoramos a canción con forma de Moucho e a colgamos na capa do Meco de Rosalía de Castro.
Cumpreanos Lucía P. 5 anos
Lucía Pillado cumpriu 6 anos. Celebrámolo seguindo o método Montessori e demos 6 voltas arredor do sol. Ademais sopramos as velas e ensinounos un peluche e un montón de fotos preciosas de cando era pequena. Parabens Lucía.
miércoles, 23 de febrero de 2022
Filloas Entroido en 3 anos
Esta semana cociñamos filloas de Entroido para merendar no cole.
Estaban boísimas!!
Filloas. 5 anos.
Fixemos filloas de Entroido na clase. Primeiro escribimos os ingredientes: 400 de fariña, 400 de leite, 100 de auga, 3 ovos e unha cucharada de azucre.
Primeiro botaron os nenos os ingredientes, os mesturamos coa batidora e despois fomos botando a masa na crepera. Qué ben nos quedaron degustámolas e os que quixeron botáronlle chocolate..
lunes, 21 de febrero de 2022
Cuarta etapa: Vigo-Redondela. 5 anos
Traballamos a cuarta etapa Vigo-Redondela. Érika enviounos unhas fotos preciosas desta etapa.
Facemos unha ficha na clase na que falamos do Entroido de verán de Redondela e debemos debuxarnos do disfraz que trouxemos. Qué ben nos quedaron os debuxos.
Luz Negra. 5 anos
Fixemos dúas actividades con luz negra: Primeiro pintamos coa luz negra un antifaz de colores flúor que refletían coa luz. Encantounos pintar con esta técnica. Despois con distintos elementos de provocación e música como fixéramos no Samaín xogamos a disfrazarnos e a bailar. Pasámolo en grande.
Disfraces. 5 anos
Hoxe o Meco deixounos vir libre. Viñemos todos guapísimos e guapísimas de superheroes, princesas, etc. Qué ben o pasamos fixemos un desfile de disfraces con música.
viernes, 18 de febrero de 2022
Cumpreanos de Enzo e Teo. 5 anos
Enzo e Teo xa cumpriron seis anos. Demos seis voltas arredor do sol e sopramos as velas. A continuación, vimos un vídeo chulísimo que nos enviou a familia de Enzo e Teo e podedes ver. Finalmente, repartiron un detalliño entre os compañeiros da clase. Parabens Enzo e Teo!.
jueves, 17 de febrero de 2022
Minimundo Camiño de Santiago. 5 anos
Creamos un minimundo do Camiño de Santiago coas sinais, o seu camiño, as nosas miniaturas de pelegrín e como non a Catedral de Santiago. Encántanos percorrer o Camiño xogando coas figuras e aprendemos xogando.
Manualidade de Entroido. 5 anos.
Comezamos a preparar cousiñas para o Entroido. Primeiro imprimimos as nosas fotos e despois debíamos decoralas empregando moitísimo material: limpiapipas, pompóns, confetti normal e decorativo, gomets, etc. Debíamos mediante a creatividade decorar a nosa figura como se fósemos disfrazados de Entroido. Quedounos fenomenal!.
miércoles, 16 de febrero de 2022
Mariquitas de Pelegrin. 5 anos
Estamos a preparar unhas Mariquitas de Pelegrin. Primeiro sacamos unhas fotos ó aire libre e as plastificamos. Hoxe pintamos con témpera e acuarelas as vestimentas típicas de pelegrín e unha vez secas despois do recreo as recortamos. Así, podemos xogar a vestirnos a nós mesmos de pelegrín.Qué divertido aprendemos xogando.
Grabación da Canción do Moucho. 5 anos
Grabamos a canción do Moucho. Pasámolo super ben. Primeiro a grabamos en ritmo lento e despois en ritmo rápido. O Moucho é un poema que fixo Rosalía de Castro e que versionou o grupo musical Migallas. Así que traballamos esta canción para conmemorar o día de Rosalía de Castro o 24 de Febreiro.
Proxecto "A Pasiños facemos camiño" en 3 anos
O martes fixemos unha búsqueda do tesouro relacionada co camiño de Santiago, onde o alumnado tiña reponder diversas preguntas para que encontrar diferentes obxectos seguindo pistas (cunchas, sombrero peregrin...).
Como recompensa, unha vez rematada con éxito a búsqueda, levaron as súas casas un certificado de bo peregrin e unha mochila.
martes, 15 de febrero de 2022
Coidado das Galiñas. 5 anos
Comezamos coa semana do Coidado das Galiñas. Collemos palla para facerlle o nido, cereais para darlle de comer e pan que troceamos en trociños. Por equipos cada un fixo unha función: abrir as galiñas, darlles de comer os cereais, darlles de comer o pan, recoller os ovos e metelas de novo. Encántanos coidar as galiñas como podedes ver no vídeo.
lunes, 14 de febrero de 2022
Día de San Valentín. 5 anos
En Valores traballamos o día de San Valentín e recortamos un corazón o decoramos con gomets e escribimos unha dedicatoria. Cánto amor!.
sábado, 12 de febrero de 2022
Terceira etapa: Baiona-Vigo. 5 anos
Esta semana o Camiño de Santiago atravesou Vigo. Alejandro foi ver varias sinais no seu recorrido. Ademais fixemos unha ficha do Paseo do Lagares, algunhos nenos dende a clase e outros dende casa. Nesta ficha debíamos unir distintos envases co seu contedor de reciclaxe.
viernes, 11 de febrero de 2022
Rosalind Franklin. 5 anos
Hoxe conmemoramos o Día da Nena e Muller na Ciencia con Rosalind Franklin. Primeiro coloreamos o seu rostro con pinturas e despois a continuación fixemos o Experimento de colocar a nosa pegada na tinta e despois no papel e así descubrimos a nosa Pegada Dactilar. Podedes animarvos a facelo na casa senón tedes tinta cunha pouca auga mesturada azafrán.
jueves, 10 de febrero de 2022
Cartel de Presentación do Meco. 5 anos
Decoramos as letras do Cartel de Presentación do Meco que se fixo conxuntamente con todo o Equipo de Infantil. Unha clase pintou o fondo, outra decorou con serpentinas e os de cinco anos pintamos as letras do Cartel de Presentación. Quedáronnos moi ben!.
miércoles, 9 de febrero de 2022
O Moucho. Rosalía. 5 anos
Estamos traballando a canción do Moucho de Rosalía de Castro e aprendéndonos a letra. Deíxovos o vídeo por se os nenos queren ir repasándoa na casa. Comezamos a escribir unha parte da canción do Moucho.
lunes, 7 de febrero de 2022
Segunda etapa: Oia-Baiona. 5 anos
Continuamos o Camiño coa Segunda Etapa que pasa por Baiona. Héctor mandounos unhas fotos moi bonitas coas recomendacións.
Ademais fixemos unha ficha na que nos debíamos debuxar traballando o esquema corporal e situándonos no Parador de Baiona.
domingo, 6 de febrero de 2022
Skyline Catedral de Santiago en 3 anos
Esta semana fixemos, como creación artística, un skyline de Santiago de Compostela, coa técnica do estampado.
Un Skyline, tamén chamado panorama urbano, é a silueta ou a visión total ou parcial das estructuras e edificios máis altos dunha cidade.
miércoles, 2 de febrero de 2022
Primeira Etapa: A Guarda-Oia. 5 anos
Esta semana algúns nenos e nenas da clase foron recorrer a primeira etapa do camiño Portugués pola costa: A Guarda-Oia e mandáronnos unhas fotos preciosas que xa miraremos na clase. Así pois elaboramos unha ficha coa primeira fase da etapa debemos decorar os castros da Guarda con palla e facerlle o tellado. Qué ben bos quedaron.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)