viernes, 29 de abril de 2022
Día do Libro. 5 anos
Este venres celebramos o día do Libro posto que o venres pasado non puidemos por mor do tempo. Cada neno e nena escolleu o seu libro preferido e o vimos sentados no horto. Despois tamén lles limos un conto as profes. Cómo nos gusta os libros!.
miércoles, 27 de abril de 2022
Coidado das Galiñas. 5 anos
Esta semana tócanos o Galiñeiro: picamos o pan para darlles de comer, collemos pienso, tamén palla para facerlles o niño e collemos os ovos que van poñendo as galiñas. Cada día por equipos repartimos estas tarefas e coidamos as galiñas. Encántanos o Galiñeiro como podedes ver no vídeo!.
Cinturón de Asteroides. 5 anos.
Creamos un Cinturón de Asteroides. Mollamos o tubo de papel hixiénico en pintura e estampamos para crear un asteroide e despois enchemos o asteroide con plastilina. Qué ben nos quedou o cinturón de asteroides.
martes, 26 de abril de 2022
Conferencia de Shalma. 5 anos
Shalma trouxo pintado o planeta Saturno quedoulle moi bonito e contounos varias cousas sobre o planeta: ten aneis como outros planetas pero o seus brillan. Queda afastado do Sol. Parabens Shalma unha gran exposición!.
Conferencia de Alejandro. 5 anos
Alejandro fixo unha maqueta de cohete co planeta Marte e tamén pintou un planeta. Na exposición deulle un poco de vergoña pero o final fíxoo moi ben. Contounos que se chama o planeta vermello que ten color polo óxido e hai moitos cráteres.
Noraboa Alejandro polo traballo e esforzo.
Burato Negro. 5 anos
Seguimos traballando o Espazo co tema dos Burato Negros e fixemos grafismos simulando un burato negro. Qué ben nos quedou!.
Conferencia de Xián. 5 anos
Xián expuxo o planeta Venus é igual de tamaño ca terra, chámase así pola deusa do Amor, e tamén se chama Estrela do Pastor. Ademais trouxo unha maqueta chulísima de Venus. Qué ben o fixeches Xián noraboa!
lunes, 25 de abril de 2022
Conferencia de Saleta. 5 anos
Saleta explicounos o Planeta Terra. Ademais trouxo unha maqueta chulísima da Terra e do Sol. Contounos que a Terra se chama Planeta Azul pola cantidade de Auga que ten vida e xira o redor do Sol. Parabens Saleta un traballo extraordinario!.
Conferencia de Lucía P. 5 anos
Lucía P. a semana pasada estivo maliña e expuxo hoxe o seu traballo de Neptuno. É un planeta moi afastado unha nave tarda 12 anos en acadar Neptuno.
Qué ben expuseches Lucía P. Noraboa polo teu traballo.
Conferencia de Sergio. 5 anos
Sergio falounos do planeta Mercurio. O planeta máis pequeno do Sistema Solar e con moito frío pola noite e moita calor polo día. Tamén ten nubes de tormenta. Qué ben o fixeches. Parabens Sergio!
sábado, 23 de abril de 2022
Día do Libro. Marcapáxinas. 5 anos
Decoramos unhos marcapáxinas polo día do Libro tamén íamos saír a facer unha lectura ó aire libre pero debido o mal tempo pospúxose a vindeira semana. Qué ben nos quedaron os marcapáxinas.
viernes, 22 de abril de 2022
Xogos do Espazo de Enzo e Teo. 5 anos.
Enzo e Teo trouxeron as súas tablets e ensináronnos dous xogos incribles do Espazo. Nun víamos en varias dimensións o Sistema Solar e nos achegaba a varios planeta, noutro completábamos misións e tiñamos que adiviñar acertijos do Sistema Solar. Qué divertidos. Grazas Enzo e Teo.
Burato Negro. 5 anos
Continuamos co Proxecto do Espazo. Hoxe falamos dos Buratos Negros e os seus perigos. A continuación, fixemos unha ficha na que debíamos colorear un burato negro e pintar con témpera azul ó seu redor.
jueves, 21 de abril de 2022
Choiva de Estrelas. 5 anos
Facemos unha choiva de Estrelas cunha nova técnica: o cepillo de dentes. Mollamos o cepillo en pintura fosforita e movemos as cerdas de adiante a atrás e coas salpicaduras facemos pequenas estrelas. Qué divertido foi pintar así.
miércoles, 20 de abril de 2022
Lectoescritura espacial. 5 anos
Na Asamblea xogamos a un Xogo novo. Debíamos ler as palabras que viñan na tarxeta e das tres palabras soamente unha se correspondía coa imaxe da tarxeta. Así, léndoas averiguábamos cal se correspondía e cales non. Foi un xogo moi divertido e ao mesmo tempo nos iniciamos na lectura de cara a Primaria.
Nebulosas espaciais. 5 anos
Falamos das Nebulosas espaciais e facemos unhas con papel de burbulla impregnado en pintura branca. Qué ben nos quedaron!.
martes, 19 de abril de 2022
Conferencia de Miguel. 5 anos
Miguel tamén trouxo unha maqueta do Sol e o resto de planetas alineados en torno a él. Expuxo moi ben o Sol explicounos que é unha estrela non un planeta. Emite luz e calor e é de cor amarelo. Parabens Miguel fixéchelo de maravilla!.
Conferencia de Héctor. 5 anos
Héctor fixo unha maqueta de Urano coa axuda do seu pai incrible. Onde aparecía Urano e o resto de planetas do Sistema Solar ademais de cinturóns de Asteroides. Explicounos que Urano é un planeta moi frío e non ten vida porque é gaseoso e líquido. Qué bo traballo Héctor noraboa!.
jueves, 14 de abril de 2022
The Rocket. 5 anos
Traemos un novo Xogo relacionado co Proxecto do Espazo e as matemáticas: The Rocket. É un xogo de matemáticas Abn onde podemos realizar varias actividades: descompoñer o número 10, pares e impares, xogar por parellas a compoñer o número que nos toca nas tarxetas... É un xogo moi divertido e completo e ademais traballamos as matemáticas de forma manipulativa.
viernes, 8 de abril de 2022
Tocador. 5 anos.
A familia de Julia restaurounos un moble que había na escola e fixéronnos un tocador para o Recuncho da Casiña. Estábamos moi emocionados o abrir o papel e ver que era un moble novo. Agora quédanos equipar ese novo Recuncho e desfrutalo moito xogando. Grazas familia por facelo posible.
Esgrafiado. 5 anos
Facemos unha técnica que nos encanta: o Esgrafiado. Primeiro pintamos todo a folla con ceras de cores como se fose un arco iris, despois cubrimos todo o que pintamos con cera negra. Foi moi traballoso pero había que cubrilo ben. Finalmente con punzóns debuxamos cousa relacionadas co espazo e descubrimos que o debuxar aparecen de novo as cores. Qué ilusión!.
jueves, 7 de abril de 2022
Estrela Fugaz. 5 anos
Continuamos co Proxecto do Espazo e falamos das estrelas fugaces.Primeiro debíamos estampar a estrela cunha esponxa e despois facer a cola con outra esponxa de semicírculo. Qué ben nos quedou.
Conferencia de Martina. 5 anos.
Martina presentounos o Planeta Marte. O segundo planeta máis pequeno, cheo de ferro por eso o seu color de óxido. Parabens Martina. Fixéchelo moi ben.
miércoles, 6 de abril de 2022
Búsqueda de Ovos e Poliño de Pascua. 5 anos
Fixemos un Poliño de Pascua picámoslle o corpo, pegámoslle dous olliños e plumas e troquelamos goma eva para decorar o cascarón. Quedou moi bonito.
Ademais repetimos a experiencia do ano pasado da búsqueda de ovos de Pascua. Estaban escondidos no Patio e por equipos debíamos encontralos e metelos na cesta. Despois na merenda os degustamos. Qué ricos sabían!.
Búsqueda de ovos de Pascua. 3 anos
Hoxe foi un día moi especial, o coelliño de Pascua deixounos no patio escondidos, un moontón de ovos de Pascua deliciosamente chocolateados.
Pasámolo xenial.
martes, 5 de abril de 2022
Astronauta. 5 anos
Falamos do que precisa un Astronauta para viaxar ó espazo. Despois debíamos picar os distintos elementos necesarios: casco, botas,guantes, gafas.. e pegarllo encima para que puidera viaxar ó espazo.
Conferencia Enzo e Teo. 5 anos
Teo expúxonos o planeta Venus contounos un montón de cousas: hai moitos volcáns, é moi quente e se chama así pola deusa Venus. Ademais decorou un planeta de Venus con poliespán quedoulle xenial.
Enzo expuxo Mercurio o planeta máis pequeno, ten moitas rochas e minerale está moi preto do sol. Tamén decorou o seu planeta Mercurio en tamaño máis pequeno e de cor gris. Parabens Enzo e Teo qué ben o fixestes!.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)