Esta semana festexamos a 1° Semana Cultural do CEIP Illas Cíes.
Hoxe tocaba centrarnos no noso folclore e o traxe Galego. Así que da man do grupo folclórico No colo do Vento, tivemos unha súper exhibición de Baile Galego.
O alumnado de infantil quedou abraiado co vestuario e cos bailes. Ao final, mesmo nos animamos a practicar algún pasiño de baile e a tocar a pandereta e as cunchas.
Foi moi divertido!!
Moitas grazas pola vosa colaboración!!