Por fin comezamos o novo curso escolar!!! 👏🏻👏🏻👏🏻
Hoxe foi un día cheo de emocións.
Nada máis chegar ao cole atopámonos cunha provación con xornais.
As provocacións son unhas estratexias metodolóxicas moi empregadas en infantil, que consisten nunha actividade non dirixida que invita ao alumnado a explorar, disfrutar, actuar e xogar libremente con diferentes materias propostos polo docente, segundo as motivacións de cada neno/a.
Tamén tivemos tempo de visitar as galiñas e comprobar o moito q medraron nestes meses de verán.
Pero sobre todo, hoxe divertimos e socializamos cos amigos/as da escola.
Quedamos con moitas ganas de voltar mañá de novo ao colexio!!