No patio hoxe xogamos a construír torres moi altas. Xogando aprendemos tamén nocións de orientación e localización. Qué ben o pasamos no cole!.
viernes, 29 de septiembre de 2023
Collage de Outono. 4 anos
Continuamos traballando o Outono. Hoxe falamos das piñas e os seus froitos os piñóns. Debíamos elaborar unha piña con trociños de papel marrón. Para elo debíamos recortar en trociños. Aínda nos custa un chisco o uso das tesoiras pero seguiremos practicando.
jueves, 28 de septiembre de 2023
Acuarelas. 4 anos
Falamos das cores do Outono e pintamos sobre papel branco libremente. Gustounos moito pintar con acuarelas é unha técnica que non coñecíamos. Repetirémola máis veces porque nos encantou.
martes, 26 de septiembre de 2023
Xogo do Unicornio. 4 anos
No colexio aprendemos xogando. Cada semana presentaremos un novo xogo na Asamblea. Hoxe xogamos o xogo do Unicornio, un xogo que nos serve para aprender a serie numérica, o conteo e tamén distintas normas implícitas o xogo como: o salto de turno, o cruce do arco da vella, etc.
Froitos de Outono. 4 anos
Comezamos o día na Asamblea falando dos froitos típicos do Outono: uvas, mazás, peras... A continuación debíamos crear o noso propio racimo de uvas con plastilina. Debíamos extender a plastilina para encher o racimo de uva. Esta actividade fomenta a coordinación visomanual e a motricidade fina.
sábado, 23 de septiembre de 2023
Árbore de Outono
Pintamos unha árbore Xigante de Outono con pinceis e témpera marrón. Gústanos moito pintar con témpera. Qué ben nos quedou, agora temos que deixala secar.
miércoles, 20 de septiembre de 2023
Outono. 4 anos
Comezamos a realizar actividades relacionadas co Outono. Hoxe pintamos por primeira vez con garfo e fixemos os pinchos do ourizo. Cómo nos gusta aprender no cole.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)