martes, 31 de octubre de 2023
Festa de Samaín. 4 anos
Disfrazámonos e fixemos un desfile de disfraces para ver o guapos qué estábamos. Despois tivemos o baile dos Cazafantasmas no patio e finalmente o contacontos de Bea Campos na Biblioteca. Qué día tan xenial!.
lunes, 30 de octubre de 2023
Taller de Pintacaras. 4 anos
Para celebrar o Samaín fixemos un taller de Pintacaras no que cada un escollía a temática do que se quería pintar: spiderman, katrina, morcego..
viernes, 27 de octubre de 2023
Pesca de Ollos. 4 anos
Hoxe fixemos un Xogo de Motricidade Fina. Primeiro tinguimos a auga con algunhas gotas de colorante. A continuación, debíamos pescar con culler os ollos que estaban flotando na auga e metelos dentro da cabaza. Este xogo serve para estimular a motricidade fina fundamental como paso previo para a lectoescritura. Finalmente fixemos unha ficha na que debíamos localizar as letras de "Ollos" e colorealas.
jueves, 26 de octubre de 2023
Luz Negra. 4 anos
Hoxe pintamos con Luz Negra. Ó chegar a clase tiñamos unhas momias no papel continuo e Luz Negra. Debíamos pintar con colores flúor as momias. A continuación fixemos un mural libremente tamén cos mesmos colores. Cómo nos gustou esta actividade.
miércoles, 25 de octubre de 2023
Cabaza con Acuarelas. 4 anos
Continuamos co temática de Samaín hoxe pintamos unha Cabaza coa técnica de Acuarela. Qué ben o pasamos.
Cabaza con Acuarelas. 4 anos
Continuamos co temática de Samaín hoxe pintamos unha Cabaza coa técnica de Acuarela. Qué ben o pasamos.
martes, 24 de octubre de 2023
Cabaza Monstruosa. 4 anos
Pintamos unha cabaza con témpera sólida e despois a continuación pegámoslle unha emoción. Tiñamos catro diferentes para escoller. Continuamos traballando as emocións fundamentais en Educación Infantil.
lunes, 23 de octubre de 2023
Manualidade de Morcego. 4 anos
Elaboramos unha manualidades de morcego que aínda temos que rematar mañá. Tivemos que picar a súa figura e despois pegarlle os ollos e dentes. Finalmente pegámoslle un paliño depresor. Qué ben o pasamos co Samaín.
Ficha de Relación. 4 anos
Continuamos traballando a atención desta vez tiñan que relacionar cada figura de Samaín coa súa sombra e fixarse ben posto que había algunhas parecidas.
viernes, 20 de octubre de 2023
Ficha de Atención. 4 anos.
Hoxe fixemos primeiro un xogo na Asamblea de buscar figuras iguais e diferentes e despois tiñamos que buscar na ficha a figura diferente e coloreala. É moi importante traballar a atención dende edades tempranas.
jueves, 19 de octubre de 2023
Receitas de Samaín. 4 anos
Fixemos dúas receitas de Samaín. Cada neno fixo unha vasoira de meiga con masa de hoxaldre, paus de pan e nutella e despois entre todos fixemos unha araña tamén con masa de hoxaldre e nutella. Quedáronnos ambas riquísimas. Encantanos cociñar e degustar despois as nosas receitas!. Podedes ver o vídeo do proceso completo pinchando o enlace de Receitas de Samaín.
miércoles, 18 de octubre de 2023
Ficha de Clasificación. 4 anos.
Relacionado co Xogo de Clasificación fixemos unha ficha na que debíamos colorear as figuras que eran iguais e contar o número que había de cada unha e escribilo. Para así traballar a relación de número e cantidade.
Mesa Sensorial de Clasificación. 4 anos
O outro día creamos unha Bandexa Sensorial de Lectoescritura e hoxe creamos unha de Clasificación con pasta de diferentes formas de Halloween e debíamos clasificala por formas e cores. Aprendemos xogando a clasificar unha propiedade matemática fundamental.
martes, 17 de octubre de 2023
Fantasmas con Grafismo. 4 anos
Continuamos practicando os Grafismos Creativos esta vez cunha fantasma. Debíamos en cada liña facer o Grafismo que nos correspondía.
lunes, 16 de octubre de 2023
Mesa Sensorial de Lectoescritura de Samaín. 4 anos
Creamos unha nova Bandexa Sensorial con fabas negras e maiúsculas coa temática do Samaín. Debemos compoñer coa tarxeta que nos toque a palabra coas distintas letras da Bandexa. Este é un xogo de lectoescritura aprendemos o proceso de Lectoescritura pero de forma lúdica.
Cabazas das Emocións. 4 anos
Comezamos a facer cousiñas para Samaín. Hoxe fixemos unha cabaza das Emocións. Primeiro picando a súa base, despois lle engadimos ollos, boca e dentes. Cada un na súa cabaza expresou as emocións de cómo se sentía: alegré, triste... É fundamental traballar as emocións en Educación Infantil.
miércoles, 11 de octubre de 2023
Plantamos Pensamentos. 4 anos
Iniciamos o Proxecto dos Polinizadores . Comezamos plantando Pensamentos. Cada un escolleu a súa planta había diferentes cores. Despois coa pala fixemos un burato na terra, colocamos a nosa planta e a tapamos con terra. Finalmente a regamos. Farémoslle visitas o horto para ver cómo crecen as nosas plantiñas.
martes, 10 de octubre de 2023
Cabazas con corcho.4 anos
Comezamos con Actividades de Samaín . Hoxe estampamos con corcho unha cabaza con témpera laranxa. Experimentamos unha nova técnica. Cómo nos gusta aprender no cole.
lunes, 9 de octubre de 2023
Luns o Sol. 4 anos
Os luns o sol é unha actividade que consiste en que nos lerán un conto os nenos e nenas maiores na hora de ler. Así fomentamos o interese pola lectura ademais de que nos encanta que nos lean os nenos e nenas maiores.
Grafismo Creativo. 4 anos
Continuamos traballando o Grafismo. Esta vez debíamos facer unha castaña. A parte de arriba con raias verticais e a de abaixo con raias horizontais. Os grafismos son un paso previo moi importante a escritura.
viernes, 6 de octubre de 2023
Acuarelas o ritmo da música. 4 anos
Hoxe volvemos pintar con Acuarelas pero esta vez debíamos pintar o ritmo da música de Vivaldi. Combinando o trazo coa música. Qué ben o pasamos.
jueves, 5 de octubre de 2023
Xogo de Bricolaxe. 4 anos.
Temos un novo xogo na Aula. Un taller de Bricolaxe que formará parte do Recuncho das Construcións. Este xogo serve para traballar os tamaños coas distintas pezas, a coordinación visomanual o ter que axustar as torcas os buratos, a capacidade espacial o tomar as medidas, etc. Aprendemos moitas cousas xogando!.
miércoles, 4 de octubre de 2023
Biscoito de Noces. 4 anos
Qué ben o pasamos facendo o Biscoito de Noces. Mesturamos os distintos ingredientes, os batimos, o metemos no forno e o mellor de todo o comemos!.
Podedes ver o vídeo pinchando no enlace. Biscoito de Noces
Ademais fixemos unha ficha copiando os ingredientes necesarios para elaborar o Biscoito. Deste xeito, practicamos a lectoescritura dun xeito motivador.
martes, 3 de octubre de 2023
Enigmas de animais. 4 anos
Xogamos a un xogo novo o Enigma dos Animais. Mediante tres pistas debíamos adiviñar o animal que era. Tivemos que agudizar o inxenio para saber de qué animal se trataba. Este xogo favorece a expresión oral e o coñecemento do medio.
lunes, 2 de octubre de 2023
Grafismo creativo. 4 anos
Traballamos os grafismos para iniciarnos na escritura. Neste caso tiñamos que facer as raias da cola do esquío de forma horizontal. Despois pintamos o esquío con témpera sólida que mercamos esta semana.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)