Investigamos os amuletos de Exipto e falamos sobre eles. Despois recortamos un par deles dunha folla e os pegamos. Finalmente escribimos o seus nomes e os repasamos con rotulador.
PEQUECIES BLOG
PEQUECIES
PEQUECIES BLOG
viernes, 12 de enero de 2024
jueves, 11 de enero de 2024
Xogo de Catch It!. 4 anos
Xogamos o Xogo que nos trouxeron os Reis: Catch It!. Temos tres dados con formas, cores e animais. Debíamos tirar os dados e escollera a ficha que nos tocaba. Gañaba o qué máis fichas conseguira.
viernes, 22 de diciembre de 2023
Teatro Nadal infantil
Hoxe veu a compañía de teatro Fabiana a representar unha adaptación de Pinocho.
Xa estamos de vacacións pero queremos dende infantil desexaros unhas felices festas e agradecer a todas as familias a súa participación nas actividades propostas polo cole.
Xa nos vemos nuns días.
Bo Nadal!!!
miércoles, 20 de diciembre de 2023
Fin de ano
Hoxe viñemos tod@s súper elegantes ao cole porque íamos festexar o fin do ano 2023.
Estes días preparamos uns cucuruchos para tomar 12 gusanitos ao son das campás de fin de ano.
Tamén fixemos un gran baile e unha provocación navideña con espumillón e luces de cores.
Neste vídeo podedes ver o ben que o pasamos!!
martes, 19 de diciembre de 2023
Obradoiros Nadal
Esta mañá fixemos 3 obradoiros co alumnado de infantil:
✅️ Obradoiro de cociña, organizado pola mestra Raquel, onde o alumnado creou uns divertidos bonecos de neve con pan de molde, chocolate líquido e lacasitos.
✅️ Obradoiro de mandalas, coa mestre Mónica, onde o alumnado deixou voar a súa creatividade para confeccionar diferentes mandalas con elementos naturais: piñas, follas, paos, bellotas, tronquiños de madera, pedras... combinándoos con elementos navideños.
✅️ Obradoiro navideño, coa mestra Karina, onde o alumnado decorou unha árbore de nadal e un agasallo con pinturas e minipezas (botóns, cascabeis, pedras de cores, cubos de madeira...).
Neste vídeo podedes ver un resumo das actividades.
Pásalo xenial e, sobre todo, experimentamos e creamos cousas novas!!!
lunes, 18 de diciembre de 2023
Visita de Vega
Hoxe veunos visitar Vega , a cadela da mestra Mónica.
Con ela aprendemos que coidados requiren os animais: alimentala dúas ou tres veces ao día, darlle de beber, paseala para que faga unha vida activa e as súas necesidades na rúa (pis e caca) bañala unha vez á semana, limpiarlle os dentes, porlle as vacinas, desparasitala...
Tamén practicamos como paseala coa correa e aprendimos como recoller os excrementos sen mancharnos (cun xoguete, non con caca de verdade 😅).
Pero sobre todo démoslle moitos bicos e agarimos!!!
Xa estamos desexando que volva outro día de visita 🤣🤣🤣
Queredes velo?
Grafismo Creativo. 4 anos
Elaboramos un Reno de Papá Noel con grafismos. Os grafismos son un paso previo fundamental para a lectoescritura.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)