Con ela aprendemos que coidados requiren os animais: alimentala dúas ou tres veces ao día, darlle de beber, paseala para que faga unha vida activa e as súas necesidades na rúa (pis e caca) bañala unha vez á semana, limpiarlle os dentes, porlle as vacinas, desparasitala...
Tamén practicamos como paseala coa correa e aprendimos como recoller os excrementos sen mancharnos (cun xoguete, non con caca de verdade 😅).
Pero sobre todo démoslle moitos bicos e agarimos!!!
Xa estamos desexando que volva outro día de visita 🤣🤣🤣
Queredes velo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario