sábado, 22 de diciembre de 2018
miércoles, 19 de diciembre de 2018
O Apalpador en 3 anos
Para coñecer un pouco máis as nosas tradicións quixemos investigar quen era un persoaxe moi navideño: O Apalpador, que o día de Noiteboa deixa castañas aos nenos/as e lles fai cóxegas na panza.
Así cremos os nenos de 3 anos que debe ser o aspecto físico do Apalpador.
Así cremos os nenos de 3 anos que debe ser o aspecto físico do Apalpador.
Obradoiro cociña navideña coa Begoña (nai de Hugo) en 3 anos
O martes 18 de decembro veu visitarnos Begoña, a nai de Hugo, para facer un divertido obradoiro de cociña. Como estamos moi próximos as festas do Nadal, cociñas dúas recetas de galletas navideñas : unhas galletas decoradas coma renos e outras como bonecos de neve. Estaban deliciosas!!!
Despois desta visita espero que algún familiar máis se anime a vir a facer algún obradoiro a aula.
Despois desta visita espero que algún familiar máis se anime a vir a facer algún obradoiro a aula.
Envio postais Nadal en 3 anos
O alumnado de 4º de Infantil desexamos un Bo Nadal as nosas familias e amigos a través do envio de felicitacións navideñas.
Recortamos en 3 anos
Por primeira vez collemos unhas tesouras en 3 anos e descubrimos que recortar e moi difícil. Mirade as nosas cariñas!!
viernes, 14 de diciembre de 2018
jueves, 29 de noviembre de 2018
lunes, 26 de noviembre de 2018
martes, 20 de noviembre de 2018
O Magosto en educación infantil
O pasado mércores 14 de novembro celebramos a festa do Magosto no colexio e, un ano máis, fixemos xogos populares e comemos castañas asadas.
Os xogos elixidos este ano foron:
- A raiuela
- carreira de castañas
- o paracaídas
- e un circuito
domingo, 11 de noviembre de 2018
sábado, 10 de noviembre de 2018
domingo, 4 de noviembre de 2018
Samaín en 3 anos
Para festexar a festa do Samaín fixemos diversas manualidades, disfrazamonos de vampiros e percorremos o tunel do terror que organizou o alumnado de 5º Primaria.
Contacontos
O mércores 10 de outubro tivemos a sorte de recibir a visita de Iago López, autor do conto "O cociñeiro Martiño", da editorial Xerais.
Saída parque A Bouza
O pasado martes 9 de outubro o alumnado de infantil fixemos unha saída ao parque da Bouza, para coñecer máis en profundidade o outono: os seus froitos, árbores, características...
viernes, 19 de octubre de 2018
jueves, 18 de octubre de 2018
policubos en 3 anos
Os policubos son un recurso moi divertido que permite traballar diversos conceptos como a cantidade, a orientación e a lóxica.
Nesta ocasión utilizámolos para traballar as seriacións e a repetición de modelos.
- Fixemos series atendendo ao criterio de dóus cores.
- Tamén replicamos o modelo de Elmer, un elefante moi divertido e diferente, que coñecemos na sesión de contacontos do pasado martes 9 de outubro.
Traballando formas xeométricas: o cadrado, en 3 anos
Nada mellor que manipular para coñecer as figuras xeométricas. Comezamos co cadrado con limpiapipas, paliños e depresores linguais. Aquí podedes velo!!!
Os nomes en 3 anos
Xa levamos un mes no cole e xa vamos coñecendo a grafía do nosos nome e os dos nosos compañeir@s.
Os números e a súa grafía en 3 anos
Para traballar de maneira máis motivadora e divertida nos iniciamos na grafía dos números a través da mesa de luz da nosa aula.
miércoles, 17 de octubre de 2018
Contacontos "contos que deixan pegada"
O pasado martes 9 de outubro tivemos unha sesión de contacontos da compañía Migallas Teatro, organizada polo Concello de Vigo.
lunes, 8 de octubre de 2018
Traballando vendima en 3 anos
O pasado martes 2 de outubro fomos visitar a bodega "La val" en
Salvaterra, co obxecto de coñecer o proceso da vendima. Alí puidemos ver
os viñedos e toda a maquinaria necesaria para elaborar o viño e o
mosto.
Días despois fixemos un obradoiro de pisado de uvas, a maneira tradicional de facer o viño, tamén tomamos mosto na aula (porque descubrimos que estaba boísimo) e fixemos unha manualidade dun racimo de uvas con corchos e follas naturais.
Días despois fixemos un obradoiro de pisado de uvas, a maneira tradicional de facer o viño, tamén tomamos mosto na aula (porque descubrimos que estaba boísimo) e fixemos unha manualidade dun racimo de uvas con corchos e follas naturais.
domingo, 7 de octubre de 2018
VENDIMIAMOS EN 4 ANOS
Este ano decidimos repetir a vendimia na clase de 4 anos porque lles encantou a visita á bodega que fixemos esta semana. Tamén este ano somos moito máis autónomos e as sensacións e experiencias, con respecto ao ano pasado, son totalmente diferentes. Mirade como disfrutan e,sobre todo, como aprenden xogando!!
Cumple Juan 4 Anos
Este ano, na clase dos animais, decidimos volver a celebrar os nosos cumpreanos tendo en conta a filosofía Montessori. Agora xa coñecemos todo o ritual e a maxia que conleva esta celebración e, o máis importante, somos capaces de levalo a cabo soíñ@s ou con axuda dos nos@s compañeir@s.A continuación, poderedes ver como Juan foi preparando este festa tan especial e nos ensinou fotos e a súa mascota favorita de cando era bebé!!Moitos parabéns!!
miércoles, 3 de octubre de 2018
Pintando con....4 anos
Xa estamos de volta!!Este ano o alumnado de 4 anos decidiu ser a clase dos Animais!!E vos queremos amosar a primeira experiencia que levamos a cabo na aula e que foi moi refrescante!Mirade!!
domingo, 30 de septiembre de 2018
Taller estimulación linguaxe oral en 3 anos
O pasado mércores a mestra Ana, de AL, veu cun montón de amiguiños a nosa aula para que os coñeceramos e traballaramos con eles una canción coas vocais.
Decoración bolsas muda 3 anos
Decoramos as bolsas da nosa muda pintando co noso corpo, coas mans e os pes.
Traballamos letras, trazos e agrupacións
Pero non todo o rato xogamos na aula, tamén traballamos as nosas iniciais, os trazos e as agrupacións, pero sempre de maneira lúdica. Aquí podedes velo!!!
Arte con canicas 3 anos
O venres aprendimos unha nova técnica de arte, pintar con canicas. Foi divertisímo!!!
Período adaptación 3 anos
Durante o período de adaptación aproveitamos para ir coñecendo a nosa aula. Pásamolo xenial!!!
domingo, 16 de septiembre de 2018
Volta ao cole!!!
Preparados, listos....xa estamos aquí outra vez!!!Comezamos un novo curso escolar cargadas de ilusións, proxectos, ideas, actividades e moitas novidades no noso cole. Despois dos nervios inicias e dos primeiros días de volta á normalidade queremos ensinarvos o noso novo patio de Infantil. Pensamos en diferentes ambientes cunha serie de actividades para que o noso alumnado, ademais de desfrutar, vivencie, manipule, experimente e aprenda a través do xogo. Así que, co seguinte vídeo, damos por inaugurado o novo curso escolar!!!Benvid@s!!!
lunes, 2 de julio de 2018
viernes, 22 de junio de 2018
GRADUACIÓN 6º INFANTIL
Teatro: A princesa que bocexaba a todas horas
jueves, 21 de junio de 2018
miércoles, 20 de junio de 2018
martes, 19 de junio de 2018
lunes, 18 de junio de 2018
domingo, 17 de junio de 2018
festa da auga
O venres 15 de xuño foi un dos días máis divertidos do curso porque celebramos a Festa da Auga, con catro divertidísimos xogos relacionados coa auga: Carreira de relevos, pañuelito con globos de auga, bomba con esponxas de auga e búsqueda de obxectos sumerxidos na auga.
sábado, 16 de junio de 2018
jueves, 14 de junio de 2018
Sesión Psicomotricidade co pai de Lola en 6º Infantil
O pasado martes 12 de xuño tivemos unha visita moi especial en Infantil: o pai de Lola, que veu para impartir unha divertidísima sesión de psicomotricidade co noso alumnado. Foi xenial e os alumn@s están desexando que volva outra vez a impartir outra sesión!!!
Moitas Grazas pola túa colaboración!!!!
miércoles, 13 de junio de 2018
martes, 12 de junio de 2018
visita familia Silvia e Lola
Para rematar este curso escolar, hoxe visitounos todo un superheroe: o pai de Silvia e Lola, Dany!!Veu cargado dun montón de probas que tivemos que superar!!Queredes velo?Pois adiante!!!
domingo, 10 de junio de 2018
Os Maios
E seguimos coas tradicións no cole e, agora, é o turno do alumnado de 3 anos para que nos amosen que tradición investigaron, construíron, decoraron e,sobre todo, aprenderon, traballaron e desfrutaron!!!Mirade!!!
sábado, 9 de junio de 2018
Novo patio infantil
Estamos transformando o patio de infantil nun espazo máis constructivo con novos xogos. Así de ben o pasamos o alumnado de 6° de infantil.
SAÍDA A GRANXA ESCOLA SERANTELLOS
O PASADO MARTES 5 DE XUÑO FOMOS VISITAR A GRANXA DE SERANTELLOS EN CAMBADOS. ALÍ DIVIDIRON O ALUMNADO EN CATRO GRUPOS (PORCOS, COELLOS, PATOS E GATOS) PARA FACER OS DIVERSOS OBRADOIROS .
FOI UN DÍA XENIAL, ONDE APRENDIMOS A FACER PAN, SEMENTAMOS XIRASOIS, E COIDAMOS GALIÑAS, CABALOS, PATOS, COELLOS E OVELLAS.
FOI UN DÍA XENIAL, ONDE APRENDIMOS A FACER PAN, SEMENTAMOS XIRASOIS, E COIDAMOS GALIÑAS, CABALOS, PATOS, COELLOS E OVELLAS.
miércoles, 6 de junio de 2018
Novas no patio de Infantil!!
Hoxe tivemos a sorte de inaugurar a rampa-escaleira na que poderemos subir, baixar, trepar, agocharse...Así o noso alumnado, a través deste "xogo",terá a oportunidade de desenvolver a súa forza, mellorar o seu equilibrio e a súa coordinación, terá que establecer unha conexión corpo/mente e estará obrigado a establecer, tamén, razoamentos lóxicos. Aínda nos quedan máis sorpresas para o noso patio que, pouco a pouco, imos transformar!!Queremos agradecer a Xosé a súa axuda na construción de todos os materiais que temos pensado realizar: moitísimias grazas!!!Mirade que ben o pasaron!!
lunes, 4 de junio de 2018
visita familia Mateo
Hoxe tivemos a visita da familia de Mateo. Ensináronnos un pouquiño da nosa cultura. Queredes saber que nos trouxeron a clase?Pois só tedes que ver o vídeo!!Adiante!!
viernes, 1 de junio de 2018
miércoles, 30 de mayo de 2018
viernes, 11 de mayo de 2018
miércoles, 9 de mayo de 2018
Visita ao Alcampo-3 Anos
Hoxe tocounos ir a coñecer como é un gran supermercado por dentro: as súas seccións, cómo preparan o pan, cortan a carne, envasan o queixo, qué peixes podemos mercar...Moitísmos alimentos que puidemos ver, probar e algúns tocar!!
Visita familia de Daniela González Villar
O venres 4 os pais de Daniela trouxeron a nosa clase pirata unha actividade para traballar a autoestima. Así que, desde o primeiro momento, @s piratas puxéronse mans á obra para traballar, aprender, colaborar e desfrutar!!Mirade, mirade!!
viernes, 27 de abril de 2018
Piratas en abril
Xa remata abril e seguimos descubrindo e experimentando na clase dos Piratas. Chega a primavera e por arte de maxia comeza unha revolución ao noso arredor: cores, natureza...Mirade, mirade!!
Sementando en 6° Infantil
O xoves 26 de abril foi un día moi completo, ademais de celebrar o Día do Libro, fomos sementar perexil na nosa horta escolar.
DÍA DO LIBRO EN INFANTIL
O alumnado de 6º de Primaria leu aos de 3 anos, os de 5º de Primaria tocoulles os de 4 anos e os de 4º de Primaria estiveron cos de 5 anos.
Foi unha actividade moi bonita!!
martes, 24 de abril de 2018
viernes, 20 de abril de 2018
Marcapáxinas Día do Libro de 6° Infantil
Para conmemorar o Día do Libro este año decidimos facer uns orixinais marcapáxinas para nós e ao alumnado de 4° de primaria que nos vira o xoves 26 a contar uns contos.
jueves, 19 de abril de 2018
Xogo atención e lateralidade 6°Infantil
Hoxe para traballar a atención e a lateralidade fixemos o xogo de: "onde está a formiga?"
Poñemos 3 caixiñas baleiras e o xogo consiste en esconder unha formiga nunha das caixiñas e mesturalas ben. Logo os nen@s deben dicir se formiga está na esquerda, dereita ou no centro.
miércoles, 18 de abril de 2018
Técnica Soplado pajita
Esta semana aprendimos unha nova técnica artística de pintura: O soplado con pajita.
Visita Alcampo 6º Infantil
O pasado martes 17 de abril o alumnado de 6º de Infantil fomos visitar a Hipermercado Alcampo. Alí explicáronnos a diferencia entre hipermercado e supermercado, vimos as diferentes secciones da tenda e coñecemos máis en profundide os obradoiros de panadería (como se fai o pan, cales son os ingredentes que leva o pan, o tempo de fermentación e como se envasa o pan) e o de carnicería (como se envasa a carne, que pon en cada etiqueta...).
Foi unha visita divertidísima e non paramos de probar os distintos artigos que alí se vendían.
jueves, 5 de abril de 2018
viernes, 30 de marzo de 2018
Búsqueda ovos de Pascua e superbatido de froitas pirata
E para rematar este segundo trimestre @s piratas tiveron que buscar ovos de Pascua polo nosos patio e facer un superbatido de froitas!!Mmmm, que rico estaba todo!!!
viernes, 23 de marzo de 2018
miércoles, 21 de marzo de 2018
Semana da prensa en 6º Infantil
Para conmemorar a semana da prensa vimos diferentes periódicos, as seccións das que consta e os elementos dunha noticia.
Búsqueda ovos pascua e cumple profe Mónica en 6º Infantil
O mércores 21 de marzo foi un día de non parar, primeiro celebramos o cumple da profe Mónica, cociñando unhas galletas cookies e facendo batidos de fresa e chocolate. Todo estaba boísimo!!!
E despois, para rematar a xornada, organizamos unha búsqueda de ovos de Pascua, axudados por un mapa. Non quedou ningunho sen localizar!!!
Saída ao Museo do Mar 6º Infantil
O pasado 7 de marzo fomos visitar o Museo do Mar de Vigo, alí coñecemos ao tiburón Jasón e as súas curmás as raias. Aprendimos moitas cousas, como que os tiburóns e as raias son familia, como son os ovos das raias e os dos tiburóns, canto mide o tiburón máis grande do mundo. E finalmente puidemos visitar o acuario e ver algún tiburón da nosa ría, as raias e os ovos do tiburón.
miércoles, 14 de marzo de 2018
jueves, 8 de marzo de 2018
Visita familia Jorge Eiras
Hoxe, visitounos Jorge, o pai do noso pirata Jorge. Improvisamos unha clase de música na Biblioteca, xa que Jorge veu cun montón de instrumentos musicais para ensinarnos. Puidemos comprobar que a estes piratas lles vai o ritmo, a música e o baile!!
Piratas en febreiro
Febreiro remata e @s Piratas queremos ensinarvos todas as actividades que levamos a cabo. Así que prestade atención e mirade todo o que gozamos, disfrutamos e aprendemos!!
lunes, 5 de marzo de 2018
Mural Día Rosalía Castro 6° Infantil
Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro este año decidimos facer un mural con retratos de Rosalía, inspirándonos en Andy Warhol.
Recital poesía Día Rosalía de Castro, 6º Infantil
O pasado xoves 1 de marzo para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, fixemos un pequeno recital de poemas de Rosalía de Castro. Os poemas eran recitados polas diferentes aulas e musicados polo profe Cándido. Foi moi hermoso!!!
QUEREDES VER O BEN QUE O FIXERON OS ALUMN@S DE 6º DE INFANTIL???
viernes, 2 de marzo de 2018
Visita familia Alba Otero
Hoxe Pablo e Marta, o pai e nai de Alba Otero Carrera, viñeron cargados de moitas sorpresas piratas!!Queredes saber qué misión especial tivemos que facer?Pois...mirade e disfrutade!!
domingo, 25 de febrero de 2018
Visita familia Alba Calvo
O venres visitounos Luis, o pai de Alba Calvo, para explicarnos e amosarnos un pouquiño da natureza que nos arrodea. @s piratas quedaron abraiados e puideron tocar, escoitar, observar , ver e desfrutar dos tesouros de Luis. Unha gran experiencia para eles!!Moitas grazas por vir!!Aquí vos deixamos o vídeo!!
domingo, 18 de febrero de 2018
ENTROIDO PIRATA
A CONTINUACIÓN, PODEREDES VER O GRAN TRABALLO QUE FIXERON @S PIRATAS PARA TER TODO LISTO PARA O ENTROIDO!!GRAZAS AS FAMILIAS POR ESTAR SEMPRE AÍ!!
viernes, 16 de febrero de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)