Hoxe empregamos unha nova técnica plástica na aula: pintura con papel de burbulla.
Para esta técnica temos que forrar os rodillos de plastilina con papel de burbulla. Logo xiramos o rodillo, empapado en témpera nun folio en blanco e a divertirse...
O obxectivo era crear o fondo dun ceo para unha actividade de grafismo creativo dun arco da Vella, que estamos facendo estes días. E que mañá remataremos.
Como o papel de burbulla é moi motivador. Despois da actividade, aproveitamos para empregar diferentes técnicas e experimentar con el.
Cada neno/a colleu un novo anaco e experimentamos: explotamos as burbulla, pintamos con xiz, pintamos con acuarela e con rotuladores e logo botamoslle auga por enriba, recortamos, pegamos Gomets, creamos cometas, estampamos con simetrías coloreando una metade e dobrando despois o papel para que se transferise a cor na outra metade.... En fin, un sinfín de experiencias que xurdiron de forma espontánea polos propios alumnos/as.
Tamén rematamos os nosos birretes para a graduación e festa de infantil, que celebraremos na aula o día 22 de xuño.