Dividimos a clase nos 3 equipos de traballo. Cada equipo tiña diversos números do 0 ao 9.
A mecánica do xogo é a seguinte: lanzamos 2 dados, sumamos as cantidades e buscamos rápidamente o resultado da suma, nos nosos números, e lanzámolos a unha cunca central con auga. Cada vez que encestemos o resultado correcto da suma, gañamos 1 punto.
Pasámolo xenial!! E o mesmo tempo practicamos sumas e axilidade no cálculo mental.
Diversión e aprendizaxe sempre unidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario