jueves, 30 de septiembre de 2021
Xogo de Cores e estampación de follas con corcho. 5 anos
Fixemos un xogo da gama cromática onde buscábamos distintas tonalidades: cores de outono, cores do ceo... Encantounos xogar coas cores e sérvenos para a atención e memoria.
A continuación seguimos coa árbore de outono. O pasado día pintámoslle o tronco con acuarela e hoxe coa técnica de estampación con corcho que nos encantou fixemos as follas da árbore tamén coa gama cromática de outono.
miércoles, 29 de septiembre de 2021
Visita inesperada en 3 anos
Ao chegar ao colexio atopámonos cunhas estrañas pegadas no corredoiro... parecían as pegadas dunha vaca.
Moi sorprendidos seguimos o camiño percorrido pola vaca e descubrimos unha gran sorpresa... Queredes saber o que pasou?
Sesións psicomotricidade con cadeiras en 4 e 5 anos
Hoxe trasladamos a sesión de psicomotricidade ao patio exterior, aproveitando o bo tempo.
Nesta ocasión fixemos dous xogos con cadeiras.
O xogo das cadeiras solidarias, basado no clásico xogo das cadeiras, pero coa diferenza de que neste xogo non eliminamos a ningún participante. Soa a música e o alumnado corre ao redor das cadeiras, cando a música para, o alumnado debe buscar unha cadeira baleira pero... se non hai ningunha cadera baleira que facemos? Pois buscamos a cadera dun compañeir@ para compartir.
Traballamos así a colaboración, a solidaridade e o coidado e respecto cara os demais.
O máis divertido foi caerse e tentar colocarnos todos nunha única cadera. Un reto moi complexo!!!
Despois fixemos tamén un pequeno percorrido de equilibrios, pasando dunha cadera a outra.
Así o fixeron os alumnos/as de 4 anos:
E así se divertiron os 5 anos:
Estampamos con esponxa follas de Outono . 5 anos
Continuamos coa estación de Outono. Pegamos unhas follas de outono á cartolina. Despois con esponxas estampamos libremente ó redor das follas con tonalidades de outono. Finalmente, levantamos a folla unha vez seco e vemos o resultado. Qué bonito!.
Incubadora. 5 anos
Lemos o conto: "A vaca que puxo un ovo" e encontramos no pasillo unhas pegadas de vaca que nos levaron ata a incubadora. Vimos que dentro había ovos incubándose de qué serán?. Imos ir tódolos días e levar un rexistro ao pasar 21 días veremos qué nace dos ovos. Estamos moi ilusionados podedes velo nas fotos e vídeo.
martes, 28 de septiembre de 2021
Psicomotricidade en 4 anos
Xogamos co equilibrio e os desplazamentos.
En parellas debiamos facer un pequeno percorrido en zigzag, cunha pelota entre as pernas. Se a pelota cae, voltamos colócala e continuamos co percorrido. Ao chegar a meta debemos construir unha torre o máis velozmente posible.
Psicomotricidade en 5 anos
Esta semana estivemos xogando ás "4 esquinas" . A dinámica do xogo é a seguinte: marcamos 4 esquinas da aula e o centro da mesma. En cada esquina colócase un alumn@ e o alumn@ do centro tenta "robarlle" a esquina a algún dos seus compañeiros/as. O que se queda sen esquina debe ocupar o lugar central e tratar de quitarlle a esquina aos outros.
Galiñeiro e xogos motores en 3 anos
Este ano imos levar a cabo un proxecto sobre as galiñas no noso centro.
Primeiro houbo que construilo, grazas á axuda de Juan, o noso valiosísimo consexe.
E unha vez rematado o traballo, finalmente puidemos visitalo e coñecer a galiña que apadriñamos na nosa aula.
Ademáis tamén coñecemos outro novo espazo na centro: a aula de psicomotricidade.
Nesta aula fixemos xa 2 xogos motores: saltos e equilibrios, a través dun circuito e das pelotas daltarinas e da cama elástica.
Minimundo de Animais. 5 anos
Comezamos o Proxecto de Animais e elaboramos unha estrutura con céspede artificial, troncos, herbas.. Despois cada neno e nena da clase escollía qué animais domésticos poderían convivir con nós e os colocaban no minimundo. Este novo material que creamos vai a estar para o noso disfrute no Recanto dos Animais para xogar.
Tronco de árbore. 5 anos
Continuamos traballando o outono e pintamos o tronco dunha árbore coas acuarelas. As acuarelas as empregábamos o ano pasado e nos gustaban moito temos que mesturar a pintura coa auga e cubrir o tronco.
Conto de Érika. 5 anos
Érika trouxo hoxe o conto da Xirafa que non podía bailar. Contóunolo na hora de ler e encantounos. Grazas Érika.
lunes, 27 de septiembre de 2021
Peroíodo adaptación en 3 anos
Estes días foron días de moitas emocións en 3 anos.
Coñecemos a nosa aula, os seus rincóns, as novas rutinas da aula, os nosos compañeir@s e mestres, pero sobre todo, experimentamos, exploramos, pintamos, xogamos e fundamentalmente divertímonos moitísimo. Queredes velo?
Valores. 5 anos
Seguimos traballando o proxecto do Monstro de Cores en valores. Hoxe traballamos cos membros da familia e qué emocións nos producen convivir con eles. Pintámolo da cor correspondente da emoción e fixemos un marco de gomets.
Galiñas no Galiñeiro. 5 anos
Chegaron as galiñas ó galiñeiro. A nosa clase temos unha galiña rubia e temos que poñerlle un nome. Metémola no galiñeiro e démoslle pienso e maíz de comer. Teremos que visitala tódalas semanas para coidala. Qué ilusión!.
Conto Xián. 5 anos
Xián tróuxolle a súa tía de Dublín dous contos moi divertidos. Tiña que inventar a historia vendo as ilustracións. Encantounos. Grazas Xián.
viernes, 24 de septiembre de 2021
Informática. Búho Boo. 5 anos
Comezamos coas clases de informática na Aula de Informática e xogamos o xogo do Búho Boo é un xogo moi divertido para aprender o manexo do rato e o teclado. Iremos tódolos venres unha hora durante todo o curso
Cumpreanos Alejandro. 5 anos
Celebramos o primeiro cumpreanos do curso. Seguimos o método Montessori dando cinco voltas ó redor do sol. E tamén vimos un álbum moi bonito de cando Alejandro era pequeno. Parabens Alejandro!
jueves, 23 de septiembre de 2021
Xogo de Pop It. 5 anos
Continuamos co Outono. Fixemos un Xogo de Lectoescritura consistía en coller unha tarxeta de Froitos de Outono e reproducir a palabra no Pop It. O Pop It tiña o abecedario da A á Z e o pulsar a letra indicada dase a volta. Cómo lles gustou escribir desta forma!.
miércoles, 22 de septiembre de 2021
Nova Mascota. 5 anos.
Coñecemos a nova mascota da aula chámase Petronila gústalle cantar e arranxar cousas. Benvida Petronila!
martes, 21 de septiembre de 2021
Cesta de Froitos de Outono. 5 anos
Comezamos a estación de outono e hoxe apareceu na clase unha cesta chea de froitos: laranxa,marmelo.. debíamos polo nome atopar o froito. A continuación, cada un escribía o nome do seu froito preferido e o debuxaba na ficha. Cántas cousas aprendemos.
lunes, 20 de septiembre de 2021
Asociación do número e cantidade. 5 anos
Empregamos as nosas fotos pero desta vez para repartir "caramelos" entre os nosos compañeiros. Debíamos repartir o número de caramelos que nos indicaba o número e así asociar a grafía do número coa cantidade. Aprendemos xogando!
Monstro de Cores. Valores. 5 anos.
Comezamos un miniproxecto do Monstro de Cores para traballar as emocións en Valores ou Atención Educativa. Hoxe vimos o conto e apareceu a mascota do Monstro a explicarnos a emoción da Calma. Despois coloreamos o monstro desta emoción e botámoslle purpurina.
viernes, 17 de septiembre de 2021
Mural da Porta. 5 anos
Rematamos o mural da Porta. Puxémoslle as nosas fotos e coloreamos un cinco. Qué ben quedou a nosa porta da clase.
jueves, 16 de septiembre de 2021
Mural da Porta con corcho. 5 anos
Fixemos de novo a técnica de estampar con corcho pero esta vez para o mural da porta de 5 anos. Libremente podíamos escoller as cores e estampar no mural. Qué divertido!.
miércoles, 15 de septiembre de 2021
Construccións novas. 5 anos
Xogamos as construccións despois do xogo das letras e encantáronos as construccións novas. As construccións axúdannos o pensamento lóxico-matemático, a orientación espacial, a creatividade, etc.
Asociación nome en minúscula coa imaxen.
Fixemos un xogo divertidísimo coa lectoescritura. Presentamos as tarxetas cos nosos nomes en letras minúscula e tiñamos as fotos plastificadas das fotografías que realizamos no anterior día. Debíamos asociar o nome que nos tocara na tarxeta coa imaxe. Gustounos moito o xogo.
martes, 14 de septiembre de 2021
Fotos. 5 anos
Fixemos fotos novas para o portamáscaras e despois as recortamos e pegamos. Aínda non rematamos todos pero continuaremos mañá.
lunes, 13 de septiembre de 2021
Estampamos con corcho. 5 anos
Comezamos a elaborar un portamascarillas novo. Hoxe comezamos a estampar a cartolina con corcho e témpera. Unha nova técnica que nos gustou moito.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)