Nesta ocasión fixemos dous xogos con cadeiras.
O xogo das cadeiras solidarias, basado no clásico xogo das cadeiras, pero coa diferenza de que neste xogo non eliminamos a ningún participante. Soa a música e o alumnado corre ao redor das cadeiras, cando a música para, o alumnado debe buscar unha cadeira baleira pero... se non hai ningunha cadera baleira que facemos? Pois buscamos a cadera dun compañeir@ para compartir.
Traballamos así a colaboración, a solidaridade e o coidado e respecto cara os demais.
O máis divertido foi caerse e tentar colocarnos todos nunha única cadera. Un reto moi complexo!!!
Despois fixemos tamén un pequeno percorrido de equilibrios, pasando dunha cadera a outra.
Así o fixeron os alumnos/as de 4 anos:
E así se divertiron os 5 anos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario