Traballamos coa Realidade Aumentada. Primeiro pintamos unaha cabaza con ceras, despois debuxamoslle a cara. Finalmente coa aplicación Quivermasks enfocamos a nosa cabaza e maxia vimos o que pasaba coa nosa cabaza. Qué ilusión!.
Elaboramos unhas ceras terroríficas. Primeiro quitámoslle o papel as ceras vellas, despois clasificámolas por cores e botámolas o molde. Finalmente metémolas o forno e agardamos 20 minutos. Ó enfriar desmoldámolas e empaquetámolas con papel. Podedes ver o proceso no video.
Esta semana estamos de festa no cole e non paramos de traballar coa temática relacionada co Samain.
Creamos monstruos, ceras e portavelas terroríficos, quedamos abraiados e fascinados coa decoración do cole, na que cada ano o ANPA superase máis e máis... (MOITAS GRAZAS A TODOS).
Coñecemos a biblioteca do cole e a Bruxa Regañadentes, que resultou ser unha meiga moi simpática. Disfrazámonos, fixemos desfiles, bailamos, cantamos e limos moitísimos contos de monstruos e bruxas.
Neste vídeo podedes ver un resume de todo.
Ademais seguimos traballando co proxecto das galiñas e pitiños, coidándoos, alimentándoos e sobre todo, dándolles moitos arrumacos. Tamén aprendimos o ciclo da súa vida.
Un a un, o alumnado foi contando o que aprendeu.
Neste video podedes ver un exemplo de Xiana, explicando como nacen as galiñas.
E sobre todo, na nosa aula respetámonos, querémonos e fomentamos valores de traballo en equipo.
Shalma expuso moi ben o rinoceronte explicounos que é mamífero, ten dous cornos, come herbas e está en perigo de extinción. Parabens Shalma fixéchelo fenomenal!.
Con Shalma finalizamos as Conferencias de Animais pero cando fagamos o Proxecto do Espacio volveremos a repetilo.
O luns ao chegar ao aula atopámonos cunha gran sorpresa.
CROCUS, a nosa mascota da biblioteca, deixounos unha carta e unhas invitacións.
Na carta Crocus explicounos que o mércores 27 nos convidaba á biblioteca para coñecer a Bruxa Regañadentes para a inauguración da biblioteca e deixounos un ticket/entrada para que poidesemos acudir.
Moi emocionados, onte decoramos as invitacións e hoxe fomos coñecer a Bruxa, que era moi simpática.
Alí a mestra Mónica cóntounos o conto "A todos los monstruos le da miedo la ocuridad", da editorial Kókinos.
Ademáis, como todos os días, fomos visitar os nosos pitiños, démoslles mimiños, comida e cambiámoslles a augua. Que grandeciños están xa!!!
Pasámolo xenial fixemos un desfile de disfraces no patio e sacamos fotos. A continuación, visitamos a Biblioteca levamos as nosas entradas e estaba alí a Bruxa Regañadentes menuda sorpresa!. Ademais limos un conto de medo. Cómo disfrutamos podedes velo no vídeo!.
Co motivo da festa de Samaín decoramos unha cabaza. Primeiro a baleiramos coas mans separando as pepitas. Como estamos co Proxecto de Animais fixemos un Pitiño. Pintamos con témpera amarela a cabaza e pegámoslle plumas, as ás e pico. Qué bonita nos quedou e qué ben o pasamos, podedes velo no vídeo.
Decoramos as invitacións para ir a festa de Samaín da Biblioteca. Debíamos debuxar o noso conto favorito e decorar a entrada da Bruxa. Qué emocionados estamos coa festa de mañá!.
Lucía investigou moito sobre o Oso Polar contounos que vive no Polo Norte, come peixes e focas, ten unhas garras moi fortes e o pelo branco. Ademais tróuxonos varios debuxas e un peluche para ensinarnos. Noraboa Lucía fixéchelo xenial!.
Héctor expuxo fenomenal o Canguro. Contounos que vive en Australia, salta moi alto, comer herbas e froitos e leva as crías na súa barriga. Ademais ensinounos as fichas que trouxo e a manualidade tan bonita. Parabens Héctor.
Hoxe practicamos lanzamientos na aula de psicomotricidade. Nesta ocasión tiñamos que lanzar aros de diferentes tamaños (grande, mediano e pequeno), intentando encestalos nun como.
Traballamos así a precisión, o cálculo de distancias, a forza e a destreza.
Esta semana adicámola a cousas de Samaín e contamos un conto e vimos a curtametraxe da Bruxa Regañadentes. A continuación, pintamos a cara de bruxa e o título do conto e despois con témpera negra decoramos o gorro. Qué bruxa máis arrepiante!.
Miguel fixo unha exposición increíble do Loro. Trouxo unhas tarxetas e nos ía explicando un montón de cousas sobre o Loro: cómo é, onde vive e qué come e moitas curiosidades máis. Ademais vimos unhos vídeos que trouxo sobre o Loro.
Continuamos co Vampiro. O primeiro día picáramos a capa e paxarita, o segundo día pintamos a cara coa man de dúas cores e hoxe, o terceiro día puxémoslle ollos, boca e dous colmillos e tamén lle pegamos a capa e paxarita. Qué ben está quedando!.
Pintamos os noso bricks de castañas con témpera vermella e alkil. Temos que deixar que sequen ben para a vindeira semana decoralos. Cómo nos gusta pintar con pincel!.
Fomos ver oa pitiños e levamos unha sorpresa ó ver que naceran dous máis de cor amarela. Puxémolos na caixiña cos seus irmáns e démoslles de comer. Iremos tódolos días a darlles de comer, beber e cambiarlles a herba.Estamos tan contentos cos pitiños!.
Continuamos coa actividade que iniciaron coa profe Mónica. O primeiro día fixeron choiva con pintura de dedos e pipetas, calculando a cantidade de auga e pintura. Hoxe pegamos algodón nas nubes con cola e tamén decoramos o marco con rotuladores máxicos que cambiaban de cor o frotalos. Qué ben quedaron!.
Martina fíxonos a exposición da Xirafa, explicounos que ten o pescozo moi longo, gústalle comer follas dos árbores, ten a lingua de cor púrpura e vive na Sabana. Parabens Martina saiuche fenomenal!.
Hoxe ao chegar ao cole a mestra Leti cóntounos que recibiu unha mensaxe da vaca Margorie no seu correo electrónico.
Onte pola tarde comenzaron a eclosionar os primeiro Ovos e hoxe xa naceran 4 pitiños!!
Moi emocionados escoitamos a súa mensaxe.
Analizamos a mensaxe e desciframos que a vaca nos gastou unha broma e ela non foi a que puxo os Ovos, xa que naceron 4 pitiños e non 4 vaquiñas!!!!
Ademais na aula comenzamos a escoitar piar aos pitiños, así que fomos coñecelos. E nos demos conta que tiñamos que crear un novo fogar para eles/as, porque xa non se podían seguir quedando na incubadora. Puxémonos mans á obra e creamos unha especie de niño cunha caixa e trouciños de palla e papeis de periódico.
Preparamos auga e un pouco de pienso, porque descubrimos que aínda son moi pequeniños para comer millo e pan.
Falamos dos animais do mar e pintamos con xiz algúns tesouros que podemos atopar no mar: algas, peixes, medusas, conchas, rocas, etc. Cada un plasmou a súa idea con xiz no fondo marino.
Levamos unha sorpresa hoxe ó visitar os ovos. Naceran 4 pitiños!!. Estamos moi emocionados e estivemos preparándolle unha caixiña para coidalos con palla, auga e pienso. Qué bonitiños son podedes velos no vídeo.