Analizamos a mensaxe e desciframos que a vaca nos gastou unha broma e ela non foi a que puxo os Ovos, xa que naceron 4 pitiños e non 4 vaquiñas!!!!
Ademais na aula comenzamos a escoitar piar aos pitiños, así que fomos coñecelos. E nos demos conta que tiñamos que crear un novo fogar para eles/as, porque xa non se podían seguir quedando na incubadora. Puxémonos mans á obra e creamos unha especie de niño cunha caixa e trouciños de palla e papeis de periódico.
Preparamos auga e un pouco de pienso, porque descubrimos que aínda son moi pequeniños para comer millo e pan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario