Por iso na nosa aula creamos un calendario de Nadal, para saber exactamente cantos días faltan para Noiteboa. Neste calendario, cada día recibimos unha misteriosa carta cunha misión moi especial.
O luns, ao chegar a clase, descubrimos unha nova misión, a de crear un adorno de Nadal: uns bastociños navideños con abalorios e limpiapipas.
En primeiro lugar dímoslle a forma de bastociños aos limpiapipas e logo decorámolos con abalorios vermellos e brancos, ensartándoos nos limpiapipas.
Estivemos moi concentrados para crear uns adornos preciosos.
Queredes velo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario