viernes, 17 de febrero de 2023
Entroido Máxico en infantil
Grazas a tod@s por participar no desfile tan mágico que organizamos hoxe e a todas as familias que nos acompañaron!!!
martes, 14 de febrero de 2023
Orde do Meco do martes en 4 anos
Este martes pasouse pola nosa aula o Meco. Estábamos tod@s moi entusiasmados. agardando a súa visita desde primeira hora.
viernes, 10 de febrero de 2023
Ordes do Meco 2023
A semana vindeiro estará chea de emocións, pois festexamos o Entroido.
Recordade que este ano as ordes son ACUMULATIVAS.
jueves, 9 de febrero de 2023
Plantamos leitugas en infantil
Hoxe o alumnado de infantil foi a plantar leitugas na nosa horta.
Primero tivemso que remexer ben a terra, logo botamos o esterco (terra mesturada cos excrementos das nosas galiñas), plantamos as leitugas e finalmente regamos cun pouco de auga.
Agora toca coidalas con moito agarimo e coidado para obter bos resultados!!
miércoles, 8 de febrero de 2023
Exhibición traxes Entroido galego
Para traballar o Entroido no noso proxecto de Galicia Máxica, este ano as diferentes aulas irán caracterizadas cos traxes típicos dalgúns dos entroidos máis tradicionais e representativos da nosa Comunidade autónoma.
🎉 MADAMAS E GALÁNS de San Adrián de Cobres
🎉 MERDEIROS de Vigo
🎉 VOLANTES de Chantada
🎉 PANTALLAS de Xinzo de Limia
🎉 CIGARRÓNS de Verín
🎉 BOTEIROS e FOLIÓNS de Viana do Bolo
🎉 XENERAIS de Ulla
Hoxe tivemos a sorte de poder ver algúns destes traxes orixinais.
Concretamente, o traxe de Cigarrón de Verín, as pantallas de Xinzo de Limia, os sombreiros das Madamas de Cobres e a máscara dos Merdeiros de Vigo.
E mesmo puidemos probarnos algunhas destas prendas.
viernes, 3 de febrero de 2023
Visita ao Museo Liste
Hoxe tivemos unha xornada moi especial no noso cole.
Fomos de visita ao Museo Liste para ver a exposición os sons dos oficios, onde coñecemos oficios como os canteiros, tecedoras e costureiras, ferreiros, pastores... e algúns dos aparellos que utilizaban.
A través de diversos xogos tiñamos que recoñecer os oficios, escoitando os sons dos aparellos que empregaban ou buscar os aparellos dentro do museo.
Tamén nos contaron a historia de 3 trasnos moi simpáticos e das trasnadas que adoiataban facer :
✔️ Sumicio, que fai desaparecer as cousas, no momento en que máis as necesitamos.
✔️ O Trasno, que moi inquieto e só sabe contar ata 10 polo que se lle deixamos un prato cheo de fabas, non poder resistirse a contalas e así está entretido e non fai trasnadas.
✔️ E o Tardo, que adoita aparecer pola noite e é o máis perverso de todos. Súbese ao noso peito polas noites pero como e moi pequeno só nos produce dor de barriga.
Aproveitamos a xornada para ir coñecer un pouco máis a nosa contorna e o labirinto que hai no museo. Fixemos un picnic no parque infantil do museo e por suposto disfrutamos de tempo de lecer alí.
Pasámolo xenial!! Queredes velo?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)