Hoxe tivemos unha xornada moi especial no noso cole.
Fomos de visita ao Museo Liste para ver a exposición os sons dos oficios, onde coñecemos oficios como os canteiros, tecedoras e costureiras, ferreiros, pastores... e algúns dos aparellos que utilizaban.
A través de diversos xogos tiñamos que recoñecer os oficios, escoitando os sons dos aparellos que empregaban ou buscar os aparellos dentro do museo.
Tamén nos contaron a historia de 3 trasnos moi simpáticos e das trasnadas que adoiataban facer :
✔️ Sumicio, que fai desaparecer as cousas, no momento en que máis as necesitamos.
✔️ O Trasno, que moi inquieto e só sabe contar ata 10 polo que se lle deixamos un prato cheo de fabas, non poder resistirse a contalas e así está entretido e non fai trasnadas.
✔️ E o Tardo, que adoita aparecer pola noite e é o máis perverso de todos. Súbese ao noso peito polas noites pero como e moi pequeno só nos produce dor de barriga.
Aproveitamos a xornada para ir coñecer un pouco máis a nosa contorna e o labirinto que hai no museo. Fixemos un picnic no parque infantil do museo e por suposto disfrutamos de tempo de lecer alí.
Pasámolo xenial!! Queredes velo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario