O 25 de novembro é o día internacional para a eliminación da violencia contra a muller. Na aula de 4 anos reflexionamos sobre a violencia, porque non nos gusta, que nos provoca a violencia (dor e enfado) e que podemos facer cando alguén nos fai dano. Todos os nenos/as coincidiron en que temos que falalo cos adultos que nos rodean: as nosas familias ou os mestres. Aprendemos a dicir NON Á VIOLENCIA.
Para rematar plasmamos nunha ficha o noso rechazo á violencia cunha bolboreta que voa libremente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario