Hoxe cónteilles o conto Pájaro Amarillo, que narra á historia dun paxaro que tiña as súas ás moi pequenas e non podía voar. Todos os seus amigos paxaros sí que podían voar e íanse de viaxe a coñecer novos lugares. Dende eses sitios siempre lle escribían postais e cartas ao paxaro amarelo.
O paxaro Amarelo quería coñecer eses sitios e decidiu inventar unha mochila cunhas élices para poder facelo. Pouco pouco, neses lugares, foi coñecendo outras aves que non podían voar, como a galiña ou o avestruz e adaptou o seus inventos para que eles tamén poidesen voar.
Finalmente o conto remata preguntándolle ao alumnado que inventarían eles.
Aquí vos deixo algúns exemplos dalgunhas cousas que me dixeron, deixando voar a súa imaxinación e creatividade.
-María quería inventar un papel que se conectaste o seu cerebro e poidese debuxar o que ela quixera, sen necesidade de utilizar o lapis.
- David quería inventar un Castelo con rodas.
- Miguel e Nahuel unha pelota con pernas para xogar ao fútbol, sen necesidade de golpeala cos pés, e que a pelota fose correndo ata a portería.
- Artai un barco pirata, con rodas que circulase polas estradas.
- Gabriel un coche con pernas.
- Xiana un lapis que pintase, seguindo as nosas instrucción.
-Julia, unha coroa con rodas para poder pasear sentada nela.
-Carla un vestido con ás para poder voar.
- Laura unha castaña con patas, que non tivese que recoller do chan senón que me acompañase camiñando.
-Hugo un cartel con tellado, para que non se mollase na rúa, e pernas para que o mesmo cartel cambiase de sitio el só.
No hay comentarios:
Publicar un comentario