Hoxe o esquío Darío volveu visitar a nosa aula. Nesta ocasión deixou unha nota onde explicaba que a pasada fin de semana estivera recollendo elementos do outono no campo (follas, piñas, bellotas...) e preparounos unha pequena sorpresa a cada un: unha bolsiña individual para cada nen@ con estes elementos.
Despois da visita, coa profe Andrea estivemos vendo que elementos había en cada bolsiña (paos, follas, piñas, bellotas...), cal era o nome de cada cousa, cal era a súa forma, o seu tacto e a súa textura.
Foi unha mañá moi divertida e xa estamos agardando a seguinte visita de Darío a nosa aula!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario