O primeiro día prantamos dentes de allo e descubrimos moitas miñocas entre a terra, e aprendimos que son moi importantes para remexer a terra e proporcionarlle osíxeno ás prantas.
O segundo día fomos sementar chícharos. Nesta ocasión tivemos que preparar a terra, antes de prantar. Hubo que botarlle abono de cabalo, remexer ben a terra e logo facer uns pequenos buracos para meter os chícharos.
Estas experiencias son fundamentais para traballar o coidado e respecto á natureza, así como os hábitos para unha alimentación sana, que este curso estamos a traballar no proxecto do colexio, que versa sobre a saúde.
Podedes ver a experiencia completa no seguinte vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario