E hoxe tocaba escribir as noticias e decorar o noso xornal de aula.
Cada alumno/a elixiu a noticia que quería plasmar, relacionada con algún suceso que aconteceu na nosa aula ao longo deste curso (e que pensamos onte), escribiu o titular da mesma e finalmente seleccionou a imaxe que mellor plasmaba esa noticia.
Tamén tivemos tempo de xogar un pouco por rincóns para deixar voar a nosa creatividade e imaxinación.
Todo un gusto descobrer as cousas que crean en equipo e como emocionados ensínanllas aos membros dos demais equipos e a min.
No hay comentarios:
Publicar un comentario