Nesta ocasión empregamos a técnica da estampación de siluetas. Esta técnica consta de 3 pasos.
Hoxe só tivemos tempo de facer os dous primeiro pasos:
1. Escribimos as letras con whasi tapes. Este paso foi un pouco laborioso porque tiñamos que cortar trociños de whasi tapes e a partir deles ir construindo as diferentes letras, para compoñer o nome da ilustradora. Pero tiñamos que facelo nun determinado espacio: o nome na parte de enriba, o apelido na parte inferior e deixando a parte central para poder pegar posteriormente a nosa ilustración. Tivemos que repetir algunhas letras porque ao principio as faciamos demasiado grandes e non deixabamos espacio suficiente na parte central, pero finalmente todos o conseguimos!!! 👏🏻👏🏻
2. Estampamos todo o folio con esponxas e empregamos 3 cores.
3. Quitamos o whasi tapes e aparece a silueta das letras en branco (este paso aínda non tivemos tempo de facelo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario