martes, 30 de noviembre de 2021
Exposición de Receitas. 5 anos
Comezamos a explicar as nosas receitas. Hoxe explicárona Enzo que fixo unhas galletas, Saleta que fixo unhas magdalenas, Carmen que fixo unhas tortitas e Shalma que fixo unha trenza de hojaldre e tróuxoa para degustar con nós na hora da merenda. Continuaremos por grupiños esta semana explicando as nosas receitas cos ovos do galiñeiro.
Postais de Nadal. 5 anos
Comezamos a preparar unhas postais: escollemos un papel decorativo e picamos a forma da árbore, o pegamos nunha cartolina, poñémoslle de gomet a estrela e o tronco. Finalmente poñémoslles flocos de neve cos dediños. Qué bonita vai quedar.
lunes, 29 de noviembre de 2021
Lollipops. 5 anos
Rematamos os Lollipops. Primeiro pintamos os paus de dúas cores: branco e vermello. Despois pegamos as nosas fotos na círculo de goma eva. E finalmente fixémoslle un lazo con axuda e llo colocamos. Qué bonitos quedaron.
Cumpreanos de Érika. 5 anos
Érika cumpriu cinco anos. Celebrámolo seguindo o método Montessori dimos cinco voltas arredor do sol. Ademais trouxo un montón de recordos de cando era pequena: peluches, fotografías.. que compartiu cos compañeiros. Parabens Érika!.
domingo, 28 de noviembre de 2021
Minimundo Nadal en 3 anos
Xa estamos a piques de comezar o mes de decembro e co alumbrado das luces de Nadal na nosa cidade, o alumnado xa tiña moitísimas ganas de empezar a festexar o Nadal.
Así que o venres na nosa aula creamos neve artificial con bicarbonato e todo un minimundo navideño.
viernes, 26 de noviembre de 2021
Coidado das Galiñas. 5 anos
Hoxe rematamos o Coidado das Galiñas. Encántanos ir a darlles de comer, cambiarlles a palla, botarlle pan, recoller os ovos... Voltaremos a coidalas a semana do 7 ao 11 de Febreiro. Eso sí poderémolas visitar cando queiramos. Foi unha experiencia incrible e única.
Fondo Marino con Acuarelas. 5 anos
Continuamos co Proxecto dos Animais. Hoxe escribimos a palabra fondo marino e pintamos con acuarelas o fondo e animais do mar. A acuarela é unha técnica que esixe precisión, concentración e coordinación visomanual.
Cumpreanos Miguel. 5 anos
Miguel cumpriu 5 anos celebrámolo dando cinco voltas arredor do sol e sopramos as velas. Ademais compartiu connosco fotos de cando era pequeno en formato dixital e nos encantaron. Parabéns Miguel!.
jueves, 25 de noviembre de 2021
Pasiños contra a violencia de xénero en 3 anos
Este ano para conmemorar o día contra a violencia de xénero decidimos decorar o colexio con zapatos antigos, pintados de cor morado, que representan os pasos que a sociedade e por extensión o noso cole, estamos facendo para loitar contra a violencia de xénero.
Onte e hoxe fomos visitar os distintos espazos decorados e os murais que creamos.
Pasiños contra a violencia de xénero en 4 anos
Este ano para conmemorar o día contra a violencia de xénero decidimos decorar o colexio con zapatos antigos, pintados de cor morado, que representan os pasos que a sociedade e por extensión o noso cole, estamos facendo para loitar contra a violencia de xénero.
Pasiños contra a Violencia de Xénero. 5 anos
Celebramos o día da Non Violencia contra o Maltrato e Violencia de Xénero o 25 de Novembro. Pintamos os zapatos de cor morado e tamén fixemos as letras do mural: "Pasiños contra a Violencia de Xenero" fomos a velo qué ben quedou.
miércoles, 24 de noviembre de 2021
Fotos para Nadal. 5 anos
No patio ó aire libre sacamos un momento a máscara con distancia para facer unha foto para Nadal. Que guapos e qué maiores saimos nas fotografías.
Árbores de Nadal con Piñas. 5 anos
Comezamos a preparar adornos para o Nadal. Pintamos a base da piña de cor verde. Despois pegámoslle pompóns como se fosen bólas e botámoslle purpurina. Finalmente pegámoslle a estrela. Qué bonitos nos están quedando.
Mandalas. 5 anos
Fixemos unha actividade moi completa: o outro día fixemos unhos mandalas coa axuda da profe Mónica no chan con elementos naturais: paus, conchas, pedras, botóns.. E hoxe pintamos unhos mandalas con lapis de cores e pegámoslle unhas cunchas.
Os mandalas son unha actividade que axudan a concentración, a atención visual e simetría.
lunes, 22 de noviembre de 2021
Biscoito de Chocolate. 5 anos.
Recollemos os ovos do Galiñeiro e cos ovos fixemo entre todos un biscoito. Botámoslle 1 iougur, 3 vasos de fariña, 2 de azucre, 1 de cacao, 1 de aceite e un sobre de levadura e batimos todo. Finalmente botámoslle pepitas de chocolate. Mañá degustaremolo na merenda porque hoxe aínda estaba moi quente.
Coidado do Galiñeiro. 5 anos
Esta semana comezamos co Coidado do Galiñeiro debemos realizar varias tarefas: recoller o pan do contenedor, ir buscar pienso e palla limpa o cobertizo.
A continuación no Galiñeiro: recollemos os ovos, repoñemos a palla e botámoslle de comer o pienso no bote e desfacemos o pan con agua tamén para botarllo. Cómo nos gustou ir o Galiñeiro!.
domingo, 21 de noviembre de 2021
Zume de laranxa en 3 anos
O venres na merenda fixemos un delicioso zume de laranxa.
Os peques pasáronno xenial co exprimidor.
Ademáis en psicomotricidade fixemos un xogo de piratas.
Basándonos na historia de dous piratas: Barba negra e Mala pata, que son dous piratas que sempre estaban enfrentados por conseguir diferentes tesouro. Despois de escoitar a historia destes dous piratas, que a mestra Mónica nos relatou, fixemos un circuito no que simulamos o barco pirata e o percorrido que facían os dous piratas para conseguir o cofre do tesouro.
jueves, 18 de noviembre de 2021
Brocheta froitas e novo experimento en 3 anos
Hoxe, aproveitando que era o día no que nos tocaba merendar no cole froita, fixemos unhas deliciosas brochetas de froitas. Grazas a todas ás familias pola vosa colaboración!!!
Ademáis, como estamos no mes de novembro, o mes da ciencia no noso cole, onte volvimos facer un novo experimento.
Cales son os efecto do auga nas piñas?
Descubrimos que se sumerxemos as piñas en auga péchanse, e cando se secan voltan abrirse... Pero sabedes o porque?
As piñas albergan no seu interior as semillas dos piñeiros (os piñóns) e teñen a función de protexelas ata que as condicións exteriores sexan as axeitadas para que cando caían á terra podan xerminar.
Así que cando hai humidade (é dicir, cando as sumerxemos en auga ou as mollamos) as piñas péchanse para evitar que os piñóns caían á terra. Increíble, verdade?
Pintamos zapatos. 5 anos
Comezamos a preparar os zapatos para o día 25 de Novembro: contra a Violencia de Xénero. Falamos da conmemoración e do que simbolizan os zapatos, despois pintámolos con pintura acrílica e barniz.
miércoles, 17 de noviembre de 2021
Cociñamos filloas en 4 anos
Hoxe fixemos unha receita de cociña, cos ovos caseiros das galiñas do noso galiñeiro.
A receita escollida foi "Filloas recheas de chocolate e froitos vermellos" .
Ingredientes:
✅ 4 OVOS
✅ 400ml LEITE
✅ 300g FARIÑA
✅1 culler de LEVADURA
✅ Un pouco de SAL
✅ 60 g Azucre
O martes fixemos a masa das filloas e deixámola reposar durante un día na neveira e hoxe mércores cociñámolas e degustámolas.
Estaban boísimas!! 😋
Medusas Eléctricas. 5 anos
Seguimos co Proxecto de Animais: traballamos a medusa. Primeiro vimos un vídeo da Medusa e as súas características. Despois debuxamos unha medusa con cera branca e decoramos o fondo marino con témpera fluorescente coa técnica de estampar con corcho. Qué bonitas nos quedaron.
Sementes de Outono. 5 anos
Plantamos sementes de Outono: castañas e landras. Falamos das árbores e dos seus frutos. Primeiro enchemos os botes de terra, despois metemos as sementes,as regamos e as puxemos o sol. A ver se temos sorte e crecen as nosas árbores.
martes, 16 de noviembre de 2021
Experimento choiva de cores en 4 anos
Este mes de novembro está adicado a ciencia.
No clase de 4 anos, o primeiro dos moitos experimentos que imos facer, foi esta choiva de cores.
Necesitamos:
✔️ Auga
✔️ Escuma de afeitar
✔️ Colorante alimentario ou témpera diluida en auga, de diversos cores.
O resultado non pode ser máis espectacular!!
Neste pequeno video podedes ver como o fixemos.
Libro de Miguel. 5 anos
Continuamos co Proxecto de Animais e Miguel trouxo un libro da hiena e explicounos as súas características. Cantas cousas aprendemos dos animais!.
lunes, 15 de noviembre de 2021
Coidamos galiñas en 4 anos
E por fin....esta semana, a nosa aula é a encargada do galiñeiro.
As nosas tarefas diarias, ao longo da semana, son:
✔️ Todos os días temos que deixar libres as galiñas.
✔️ Poñémoslles comida e bebida
✔️ Recollemos os ovos, que van poñendo
✔️ Limpiamos o niño, onde poñen os ovos e repoñemos a palla nel
✔️ Dámoslles o pan reseso, mollado en auga, para rebrandécelo
✔️Dámoslles berzas
✔️ Ao final da mañá voltamos meter as galiñas dentro do corral.
Así que xa dende segunda hora puxémonos mans a obra e pasámolo xenial!!
Experimento de Lava. 5 anos
Enzo e Teo trouxéronos un bote de cinza do volcán da Palma e fixemos un experimento de facer lava. Mesturamos auga quente con polvos de xelatina naranxa despois levamos a mezcla o conxelador. Sacámola e vemos o qué sucedeu despois de cinco minutos desapareceu o xeo e o líquido que mezclamos transformouse en lava. Despois xogamos a rescatar os patiños da lava, qué ben o pasamos podedes velo no vídeo!.
Folio Xiratorio. 5 anos.
Decoramos unha folla de outono pero coa técnica de aprendizaxe cooperativo do folio xiratorio. Coa música íamos estampando pegadas de témpera na folla de outono cando paraba a música debíamos pasar o debuxo o compañeiro no sentido das agullas do reloxo e voltábamos a pintar unha vez que sonaba de novo a melodía. O aprendizaxe cooperativo integra o traballo en equipo, a motivación e atención.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)