E por fin....esta semana, a nosa aula é a encargada do galiñeiro.
As nosas tarefas diarias, ao longo da semana, son:
✔️ Todos os días temos que deixar libres as galiñas.
✔️ Poñémoslles comida e bebida
✔️ Recollemos os ovos, que van poñendo
✔️ Limpiamos o niño, onde poñen os ovos e repoñemos a palla nel
✔️ Dámoslles o pan reseso, mollado en auga, para rebrandécelo
✔️Dámoslles berzas
✔️ Ao final da mañá voltamos meter as galiñas dentro do corral.
Así que xa dende segunda hora puxémonos mans a obra e pasámolo xenial!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario