Ademáis, como estamos no mes de novembro, o mes da ciencia no noso cole, onte volvimos facer un novo experimento.
Cales son os efecto do auga nas piñas?
Descubrimos que se sumerxemos as piñas en auga péchanse, e cando se secan voltan abrirse... Pero sabedes o porque?
As piñas albergan no seu interior as semillas dos piñeiros (os piñóns) e teñen a función de protexelas ata que as condicións exteriores sexan as axeitadas para que cando caían á terra podan xerminar.
Así que cando hai humidade (é dicir, cando as sumerxemos en auga ou as mollamos) as piñas péchanse para evitar que os piñóns caían á terra. Increíble, verdade?
No hay comentarios:
Publicar un comentario