Este ano comezamos a subir a aula de informática durante unha hora semanal todos os martes.
Nesta aula os nenos/as poderán xogar de maneira individual o por parellas aos diferentes xogos educativos que lles propongamos.
Os obxectivos son:
🔻Mellorar a coordinación óculo manual e a destreza motriz fina (co manexo do rato).
🔻Reforzar contidos do currículo de maneira máis lúdica e motivadora.
Ademais o traballo co ordenador permite respetar os distintos ritmos de aprendizaxe de cada alumno/a.
E se o traballo é en parellas, permite compartir coñecementos e chegar a acordos sobre as quendas do xogo.
Este trimestre comezamos co xogo o "Búho Boo" 🦉
Deixo o enlace, por se tamén queredes practicar na casa.
➡️ https://www.elbuhoboo.com/juegos-educativos.php
Recordade que cando xoguen co ordenador ou coa tablet:
🔹O tempo máximo será entre 30 ou 45 minutos diarios,
🔹sempre acompañados por un dos proxenitores que controle que non acceden a contidos inadecuados e poidan axudalos e
🔹non é axeitado usalo unha hora antes ir a durmir.