Este material é moi motivador para o alumnado e o mesmo tempo permite traballar moitas habilidades neles/as:
➡️ Estimula o equilibrio
➡️ Promove a velocidade e a resistencia
➡️ Estimula a axilidade
➡️ Permite ao alumnado gañar confianza en sí mesmo.
Nun primeiro momento, fixemos a clásica carreira de sacos, onde debían saltar cos pés xuntos. Nesta carreira ninguén gaña nin perde. O noso único obxectivo é chegar ao final do percorrido e se caemos volvemos intentalo ata conseguilo.
Despois xogamos a "atrapa as pelotas", xogo onde esparcimos moitísimas pelotas pola aula e os rapaces/as debían ir saltando cos seus sacos por toda a aula e ir meténdoas dentro dos seus sacos.
Queredes velo en movemento?
No hay comentarios:
Publicar un comentario