Os atrapasoños son uns obxectos étnicos compostos por un aro circular, sobre o que se tece unha rede en forma de tea de araña e que adoita estar decorado con plumas ou contas. É propio do pobo ojibwa, pobo nativo de América do Norte. Tradicionalmente eran considerados uns obxectos capaces de filtrar os soños, deixando pasar so os positivos e quedando atrapados os malos soños, que desaparecían coa luz da alba.
Ademáis, como fai uns días, comezamos a estación do outono, estampamos follas naturais outonais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario