Hoxe conmemoramos o Día da Ciencia en galego cunha serie de obradoiros. O Equipo encargado de organizalos foi o Equipo de dinamización da biblioteca do centro.
A mestra Melanie preparounos unha serie de circuitos e pequenos retos para levar a cabo en pequenos grupos ou por parellas.
O alumnado quedou abraiado cos circuitos de plastilina conductiva e cos xogos cos escornabots (pequenos robots que teñen como obxectivo acercar a robótica e a programación aos nenos e nenas).
Gustáronnos tanto que xa estamos dexesando pedilos emprestados para levalos a nosa aula!!
A semana pasada tocounos a importantísima misión de coidar das galiñas do noso colexio.
🐔Temos q sacalas do corral
🐓Dalles de comer
🐓Darlles de beber
🐔Poñerles un pouco de palla no corral
🐓Recoller os ovos
🐓E o rematar a xornada volver metelas no corral.
Queredes ver o ben que o fixemos??
Tamén podedes ver un pequeno video con diversas actividades que estivemos facendo estas semanas en psicomotricidade, onde tentamos mellorar a nosa coordinación e a destreza motriz con diversos xogos.
Ao longo desta semana fixemos diversas actividades para traballar o 25N.
O alumnado de infantil tiñamos que crear o mural dunha muller coa mensaxe: Quereme ben!!! para o acto do 25N.
Ademais a mestra Maruxa cóntounos "O libros dos porcos", escrito por Anthony Browne. Trátase dun conto para concienciar ao alumnado sobre a importancia da igualdade de xénero, no que se relata a historia dunha familia de porquiños, que non axudaban nunca nas tarefas do fogar, ata que un día a nai farta de facer todo na casa decide marcharse durante uns días para que valoren a dificultade de traballar na casa e fóra da casa.
Finalmente o 25 asistimos a un pequeno acto onde o alumnado de primaria leu un breve manifiesto contra a violencia exercida ás mulleres e no que gardamos un minuto de silencio por a todas as víctimas.
Aquí podedes ver unha dinámica de aprendizaxe cooperativo chamada a tea de araña, que consiste en irnos pasando un nobelo de la, ao tempo que dicimos a nosa cor favorita, formando unha gran tela de araña. Despois debemos ir desfacéndoa, na mesmo orden que se formou, contando a cor favorita do compañeiro/a que nola lanzou.
A través desta dinámica traballamos a escoita, a paciencia, a destreza motriz, un maior coñecemento dos nosos compañeiros e propiciamos o sentimiento de pertenenza ao grupo.
Hoxe foi unha xornada do máis divertida do noso centro, pois fomos celebrar o Magosto o Monto dos Pozos.
Alí ademais de degustar as castañas, que estaban boísimas, fixemos unha xincana de xogos populares.
🌰 Xogo Raiula, onde tiñan que lanzar as caztañas o máis lonxe posible.
🌰 Xogo Tragacastañas, onde tiñan que encestar as castañas nunha caixa
🌰 Xogo castaña na culler, onde tiñan que levar as castañas nunha culler ata un capazo
🌰 Carreira de sacos, onde tiñan que facer unha carreira de ida e volta metidos dentro dun saco.
🌰 Xogo castaña por detrás, en gran corro un neno/a escondía unha castaña detrás doutro e logo este tiña que intentar atrápalo.
🌰 Xogo con paracaídas, onde tiña que tentar encestar as castañas no centro do paracaídas.
Para rematar a xornada fixemos unha merendola no monte.
Non podemos deixar de dar as grazas ao ANPA, que estivo asando as castañas e a todas as familias do centro pola súa colaboración, aportando as castañas e os bricks de leite para facer os recipientes/cucuruchos das castañas.
Hoxe tivemos unha sesión de contacontos con Ángeles Escribano, mestra xubilada de educación Primaria, e cos seus amigos Lupus e Ígor, dos marionetas de lobos que sempre a acompañan para amenizar as sesións.
Coas nosas entradas na mans, pasámolas polo "detector" para comprobar a súa veracidade e asistimos á biblioteca.
O venres 28 de outubro foi un día de moitas emocións, pois celebramos o Samaín no colexio.
A xornada estivo chea de moitísimas actividades.
Comezamos a mañá visitando a biblioteca, onde coñecemos a Santa Compaña. E despois tivemos unha sesión de cine terrorífico coa película Hotel Transilvania 4.
E rematamos a xornada cuns obradoiros terroríficos.
O alumnado dividiuse en 4 equipos, onde estaban mesturados nenos/as de 3, 4 e 5 anos, que rotativamente ían pasando polos diferentes obradoiros:
✔️ Equipo meigas 🧙
✔️ Equipo Frankenstein🧟♂️
✔️ Equipo cabazas🎃
✔️ Equipo pantasmas👻
Os obradoiros eran:
➡️ Cociñamos agullas de sangue, con xumes de arándanos e granada.
➡️ Obradoiroo de motricidade fina, onde creamos pulseiras cos nosos personaxes de medo favoritos.
➡️ Obradoiro sensorial, onde tiñamos que meter as nosas mans en caixas misteriosas.