O alumnado de infantil tiñamos que crear o mural dunha muller coa mensaxe: Quereme ben!!! para o acto do 25N.
Ademais a mestra Maruxa cóntounos "O libros dos porcos", escrito por Anthony Browne. Trátase dun conto para concienciar ao alumnado sobre a importancia da igualdade de xénero, no que se relata a historia dunha familia de porquiños, que non axudaban nunca nas tarefas do fogar, ata que un día a nai farta de facer todo na casa decide marcharse durante uns días para que valoren a dificultade de traballar na casa e fóra da casa.
Finalmente o 25 asistimos a un pequeno acto onde o alumnado de primaria leu un breve manifiesto contra a violencia exercida ás mulleres e no que gardamos un minuto de silencio por a todas as víctimas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario