Alí ademais de degustar as castañas, que estaban boísimas, fixemos unha xincana de xogos populares.
🌰 Xogo Raiula, onde tiñan que lanzar as caztañas o máis lonxe posible.
🌰 Xogo Tragacastañas, onde tiñan que encestar as castañas nunha caixa
🌰 Xogo castaña na culler, onde tiñan que levar as castañas nunha culler ata un capazo
🌰 Carreira de sacos, onde tiñan que facer unha carreira de ida e volta metidos dentro dun saco.
🌰 Xogo castaña por detrás, en gran corro un neno/a escondía unha castaña detrás doutro e logo este tiña que intentar atrápalo.
🌰 Xogo con paracaídas, onde tiña que tentar encestar as castañas no centro do paracaídas.
Para rematar a xornada fixemos unha merendola no monte.
Non podemos deixar de dar as grazas ao ANPA, que estivo asando as castañas e a todas as familias do centro pola súa colaboración, aportando as castañas e os bricks de leite para facer os recipientes/cucuruchos das castañas.
Foi un día moi especial que non esqueceremos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario