Aquí vos deixo unha nova proposta para continuar traballando mindfulness.
Os astronautas .- Somos astronautas que descobren vida noutro planeta e temoslle que explicar os nosos novos amigos como e a nosa froita favorita: cor, textura, olor, sabor, tacto. Cantos mais detalles mellor.
A ra.- As ras son animaliños que se moven moi rápido con grandes chimpos pero tamen son quen de estaren quietas un bo anaco de tempo. Iso e o que imos intentar. Sentemos nunha postura cómoda e comecemos a respirar tranquilos. Imos notar como o noso abdome crece coma un globo e logo se desinfla. Imos continuar respirando sen que nos perturbe o que acontece ao noso caron, soamente pensando na respiración. As primeras veces as crianzas non aguantarán mocito tempo pero se o convertemos nun hábito pouco a pouco irán sendo capaces de permanecer en calma durante mais tempo.
Chove ?- Con esta actividade imos falar de como nos sentimos. Buscaremos un intre tranquilo no que poder falar con calma e comezaremos explicando cómo nos sentimos: o sol reloce no meu interior, hai nubarróns de tormenta, comeza a poallar... Comparar os nosos sentimientos con situacions que coñecen pode axudarlles a recoñecer mais facilmente esas emocions . Pero e moi importante que tamen empreguemos a palabra adecuada: estou tranquila e contenta, anoxada , un pouco triste. Sería interesante continuar mergullandonos no noso interior para poder ver porqué nos sentimos así. E lembrade: ningunha emoción e mala. Temos dereito a sentirmos e a expresar o que nos pasa. O que si podemos e axudar a buscar estratexias que nos axuden a estar mellorar.
Camiño da escola.- Hai días que non saimos. Seremos quen de ir ao cole mentalmente? Intentemos chegar dando o maior número de detalles: que tendas hai, con que me soia atopar , algún olor especial, que se escoitaba, quen me acompañaba, como estaba o colexio ao chegar... Esta actividade pode permitirnos falar de como nos sentimos estes días que non podemos ir. E moi importante que falen do que están sentindo.
Moito ánimo e lembrade NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA
No hay comentarios:
Publicar un comentario