lunes, 16 de marzo de 2020
Mindfulness na casa
Ola
Estes días que imos estar na casa e o ritmo do día a día non nos ten tan acelerados pode ser un bo momento para empezar a practicar mindfulness.
Que entendemos por mindfulness? O mindfulness e unha función mental que nos permite manter o foco da atención no presente, non pensar no que imos facer ou no que xa pasou senon centrarnos no aquí e o agora . Alguns dos seus beneficios son mellorar a atención e a concentración, favorecer novas aprendizaxes, mellorar a memoria...
Outro dos seus beneficios consiste en axudarnos a manter a calma en situacións de estrés e ansiedade. Algo que sen dubida imos precisar estes días.
Imos comenzar con algo moi sinxelo e gratificante: as masaxes.
Para a primeira proposta imos masaxear as nosas caras. En parella un tumbado e o outro sentado ao seu caron. O noso foco de atención e o rostro da persoa que vai recibir a masaxe (a que está tumbada). Imos ir acariciando as distintas partes da cara mentres as nomeamos. Podemos tocar suavemente ou cun pouco de presión, empregando toda a man ou soamente a punta dos dedos, podense realizar pequenos beliscos ou simular unha choiva pulsando cos dedos... O foco de atención de quen recibe a masaxe son as sensacións que está a percibir.
Debemos comezar por ser o adulto quen da a masaxe e despois intercambiar roles.
E se se bota a rir? Estupendo, que agasallo mais fermoso a risa das nosas crianzas. Riamos nos tamen.
Outra masaxe, esta en grupo.
Imos imaxinar que estamos na ducha. A crianza na medio e os demais ao seu redor formando un círculo. Comezamos pechando todos os ollos un instante para ser conscientes do que imos realizar. Podemos simular o son da auga e tocándolle o corpo de arriba a abaixo imos imitar esa auga que cae. Despois masaxeamos suavemente o corpo como se lle estivesemos botando o xabon, centrémonos na cabeza, no tronco, nos brazos e mans e finalicemos coas pernas e os pes. Chega o momento de enxaugarse repetindo os movementos da auga que cae. Para finalizar secamos o corpo realizando pequenas presións por todo o corpo, outra vez de arriba a abaixo. E para rematar unha aperta colectiva susurrando palabras fermosas. Non esquezades cambiar os roles.
Lembrade: son actividades para gozar en familia, no momento no que cansamos paramos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario