Esta semana rematamos un curso escolar un tanto atípico, no que traballamos moitísimas cousas: os números, as grafías, a correspondencia número e cantidade, a correspondencia son e grafía, os meses do ano, a estimulación sensorial, os agrupamentos, as formas xeométricas, os xogos de lóxica, a concienciación e coidado ambiental, o sentido de pertenza a un grupo, a motricidade fina, a conciencia fonóloxica, a competencia dixital...
Pero ademais, grazas ao voso traballo poidemos seguir afianzando algúns destes aspectos, debido a vosa gran dedicación e colaboración conmigo. Por todo elo, quero darvos as Grazas,por todo o apoio recibido.
Como cada ano, na última semana do curso festexamos os aniversarios dos alumnos/as que cumpren anos en verán. Así que non podemos rematar o curso sen felicitar a Hugo, que cumplirá anos o 7 de xullo, e Sara, que estará de aniversario o 23 de agosto.
🎂Felicitación Hugo
🎂 Felicitación Sara
🎂Felicitación Hugo
🎂 Felicitación Sara
Comezamos as propostas desta semana!!!
1. A primeria proposta céntrase en traballar os números: Con estas actividades queremos traballar o trazo dos números, a asociación dun número coa cantidade. Aquí vos propoño 2 variantes. Podedes facelas todas ou só algunha.
- Construíndo números con la. Esta é unha actividade que require unha gran destreza. Podemos comezar escribindo os números nun folio e despois cortar un trozo bastante lungo de la para imitar a súa grafía. Tamén podemos empregar limpiapipas. O obxextivo é mellor a grafía e direccionalidade dos trazos.
- Despois podemor asociar numero con cantidade. Ensartando abaloiros ou pasta tipo macarróns nun trozo de la ou limpiapipas.
3. A seguinte proposta é Debuxar con la de cores: Aquí traballaremos a creatividade e a motriciade fina (pinza e precisión). Para esta manualidade só necesitamos:
- Las de cores
- Cola branca
- Folio sobre o que debuxar
- Un lapis
- Tesoiras
Como crear o teu debuxo con la de cores:
1. Primeiro debes ter claro qué debuxar. Se queres facer un
debuxo abstracto podes empezar directamente coa la pero se te interesa facer un
debuxo máis figurativo te recomendamos que o debuxes primeiro sobre o papel.
2. Agora elixe os cores da la que vas a usar para cada parte
e empeza a enchelas coa la. Para elo, aplicaremos unha base de cola branca
sobre a superficie que queiramos encher e irémolo cubrindo coa la de forma
ordenada.
Para os debuxos abstractos podes untar unha capa de pegamento
sobre todo o lenzo e ir traballando enriba directamente, creando o teu debuxo
ao momento.
4. a seguinte propsta é Pintar con xeo: A preparación é moi sinxela. O único que temos que facer é engadir colorante alimentario ou témpera á auga. Aconséllovos engadir bastante colorante para que o trazo ao pintar sexa forte.
Podemos facer tantas cores como queiramos pero con ter os 3 primarios (azul, vermello, amarelo) é suficiente, xa que a partires de aí os peques poderán experimentar co cor e crear outros novos.
INGREDIENTES E MATERIAIS
- Auga
- Colorante alimentarioou témpera
- Vasos (tantos vasos como cores distintos queiramos facer)
- Cubiteira
- Papel
- Palillos de xeados ou de médico ou sacamondas (palillos).
5. Por último, faremos o xogo O número segredo: Para facer esta actividade fai falla un recipiente transparente, debaixo do cal imos colocar un folio con números escritos (podemos empregar a lámina que xa fixeramos fai unhas semanas para traballar unha actividade moi similar: o vaso máxico). Logo enchemos o fondo do recipiente con sal, fariña, azucre, arroz, pasta, legumes...
O obxectivo e ir movendo a fariña cun pincel, culler, espatula... para atopar os números escondidos. Tamén podemos facer a actividade con letras, debuxos ou os nomes dos compañeiros/as.
A miña demostración do xogo:
Disfrutade do verán e vémonos pronto!!!
Unha aperta e un biqiño para tod@s!! :-)
No hay comentarios:
Publicar un comentario