1. Formar o teu nome, o dalgún compañeiro, o de papá ou mamá empregando pinzas, tapas de botellas... nas que podes escribir as letras con rotulador permanente. Se tes algún xogo de letras na casa tamén as podes empregar.
3. Agora imos escribir os números. Mira o vídeo primeiro.
Escribe os números nun folio e logo podes repasalos con rotulador. A continuación, coloca enriba ponpóns, plastilina, lentellas... Non hai que pegalos.
Agora sinala o número correcto. Non tedes que imprimir.
4. Puntillismo. Esta técnica artística consiste en facer unha obra mediante o uso de puntos. Para facer os puntos podemos empregar bastoncillos de algodón con pintutra de cores, rotuladores...
Podes facer un debuxo a lapis e logo darlle cor con esta técnica.
5. Conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".
Sinalar que animais da imaxe aparecen no conto. Copiar nun folio os nomes e debuxalos.
CABRA- CABALO-PORCO-VACA.
Investigar sobre a toupiña ou outro animal do conto: características, onde vive, de que se alimenta...
Para rematar, quero felicitar a tod@s @s que cumplides 6 anos nas vacacións de verán:
Julia, David, Daniela, Lía e Silvia. Parabéns!
Que pasedes unhas felices vacacións. Bicos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario