O pasado venres 5 festexamos o día do medio ambiente e xa puiden ver unha chea de traballos realizados para conmemoralo. Para finalizar esta celebración quería compartir con todos vós uns vídeos de Bamboo kids.
No primeiro atopamos unha canción de agradecemento. É moi importante que sexamos conscientes de todo o que temos. As nosas crianzas aprenderán a valorar as pequenas cousas que son o camiño cara a verdadeira felicidade.
Imos continuar con dous vídeos que nos permitirán iniciarnos na práctica do ioga, unha disciplina na que a concentración, o control corporal e a respiración teñen gran relevancia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario