Tamén conmemoramos o día da "Paz e non violencia" cunha actividade artística: o debuxo máxico do símbolo da PAZ.
Nun folio en branco, debuxamos o símbolo da Paz con cera branca, axudándonos os uns aos outros, fomos calcando un bloque lóxico para facer o círculo da Paz e despois debuxamos as patiñas da pomba no seu interior.
Acto seguido, con acuarelas pintamos todo o folio facendo líneas horizontais de diversos cores. E maxicamente aparece o símbolo da Paz, porque a cera branca repele a auga.
Aquí podedes ver o vídeo da actividade.