A nosa idea era facer unhas xirafas empregando plátanos e mazas.
Así que cos elementos que dispoñiamos e coa nosa imaxinación, puxémonos a preparala.
Cortamos as pezas de mazá como se fose herba e os plátanos dándolle forma ás xirafas.
Velaquí o noso resultado!!
Ademáis rematamos de ver os frascos de recordos do día da Paz. Agora so temos que crear as etiquetas coa emoción que nos provocan eses recordos e os nomes do alumnado.
Finalmente fixemos unha ficha de asociación de figuras de xadrez e a súa sombra, uníndoas con frechas feitas cuns rotuladores máxicos, que teñen dúas puntas e cambian de cor, segundo as empregamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario