Durante toda a semana estivemos vendo as letras minúsculas (tanto de imprenta como cursiva) que forman o mes de xaneiro (enero), unha letra por día.
Hoxe atrevémonos a practicar a escribir o mes enteiro en minúsculas e a verdade é que non nos quedou nada mal.
Tamén rematamos o grafismo creativo dos propósitos de 2021 que iniciaramos onte.
Por último comenzamos a facer a decoración do mural da Paz.
Este ano imos facer un mural titulado un Mar de emocións pola paz. O alumnado de 5 años tócounos facer as ondas do mar para decorar o mural.
Así que hoxe puxémonos mans á obra. Cubrimos con trociños de xornais unhas cartolinas, despois estampámolas con cor azul e branco e finalmente démoslle a forma dunha onda. Aínda nos quedan por facer moitas!!!
Podedes ver o resume de todas estas tarefas no seguinte vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario