Tiñamos que ver o número que nos indicaba e estampar tantos sellos como o número sinalado.
Na nosa aula xa temos moi dominada a recta numérica ata o 10!!
Tamén aproveitamos o tangram troquelado que viña no novo material do alumno. Quitamos as pezas do tangram e aproveitamos o resto para calcar a forma do tangram.
Neste proceso tiñamos que andar con moito coidado de non mover a peza para que nos saise perfecto!
Finalmente estivemos vendo os frascos cos recordos que trouxeron os alumn@s da súa casa, contaron as súas vivencias e o sentimento que lles producen eses recordos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario