lunes, 31 de mayo de 2021
Composición de Celofán. 4 anos.
Continuamos traballando co Papel de Celofán esta vez de forma libre. Creamos unha composición con este papel algunhos fixeron un elefante, unha cara, etc.
Encantounos traballar con este material.
viernes, 28 de mayo de 2021
Vidrieras de Dinosaurios. 4 anos
Fixemos unhas vidrieras para colocar na fiestra da nosa habitación. Primeiro pegamos papel de celofán de distintas cores, a continuación pegamos o noso dinosaurio preferido e finalmente plastificounas a profe e as recortamos. Qué bonitas vidrieras quedaron!.
jueves, 27 de mayo de 2021
Recolectamos leitugas e cociña divertida Semana da froita en 5 anos
Hoxe fomos recolectar as leitugas que plantamos na nosa horta e que tanto mimo lles demos, para levalas a casa e así poder degustalas. Esperemos que vos gusten!!
Tamén, aproveitando que estamos na Semana da Froita na escola, fixemos unha receita coa froita que nos tocaba hoxe: as mazás.
Para presentar dunha maneira máis atractiva a froita, hoxe levamos a cabo un obradoiro de cociña divertida, creando unhas divertidas tartarugas ninja.
De momento tomamos plátanos, peras, ameixas e mazás. Mañá nos tocan albaricoques.
Pero recordade que a vindeira semana tamén seguimos coa froita na escola.
Pero recordade que a vindeira semana tamén seguimos coa froita na escola.
Recollemos leitugas. 4 anos
Fumos o horto recoller as leitugas creceron un montón. Fómolas recollendo e meténdoas primeiro nunha cesta e despois nunha caixa. Levámolas para degustar na casa.
miércoles, 26 de mayo de 2021
Cumpre Laura e composición Mundo de Bruna en 5 anos
Onte limos o conto "o Mundo de Bruna" , unha historia sobre o bullying.
Encántanos este tipo de tareas porque deixa voar a nosa imaxinación e creatividade, na que pouco a pouco e, coa axuda de todos/as, imos imaxando ese mundo de Bruna, empatizando con ela.
Hoxe quixemos recrear o final do conto, cando Bruna descobre todas as persoas que a queren e que se preocupan por ela.
Así que con pezas soltas fixemos unha composición de Bruna agarrada pola man de todos o seu amigos/as.
Encántanos este tipo de tareas porque deixa voar a nosa imaxinación e creatividade, na que pouco a pouco e, coa axuda de todos/as, imos imaxando ese mundo de Bruna, empatizando con ela.
Terminamos a xornada festexando o aniversario de Laura, que cumpría 6 anos e trouxo o seu peluche favorito e fotos de todos os seus cumpres ata agora.
Grafomotricidade. 4 anos
Fixemos unha ficha de grafomotricidade creativa. Debíamos reproducir un trazo curvo e outro redondo con rotuladores metalizados creando unha forma. A grafomotricidade é un paso previo indispensable para a lectoescritura.
Volcán. 4 anos
Comezamos a preparar un volcán para facer a vindeira semana un experimento. Pintamos a base de verde e o volcán de cor marrón. Estanos quedando xenial.
martes, 25 de mayo de 2021
Medidas en 5 anos
Hoxe saímos ao patio para iniciarnos nesta actividade, pero como non nos deu tempo, rematámola na aula.
Traballamos con diferentes unidades de medida. A actividade consistía en medirnos a nos e algún compañeiro/a empregando as nosas mans, pés e o metro, regra ou cinta métrica.
Traballamos en equipo, axudándonos os uns aos outros, pois para poder medirnos a nos mesmos, temos que recurrir á axuda dalgún amigo/a.
Tamén lemos o conto o mundo de Bruna, unha historia sobre o bullying que padece unha nena chamada Bruna no colexio, por parte de Lula, unha antiga amiga súa. Bruna era unha nena brillante, sempre alegre, pero que de súpeto comeza a volverse gris, triste e que non quere voltar ao colexio.
Un conto que nos mostra perfectamente como se senten os nenos que padecen bullying e como podemos axudalos.
Reflexionamos sobre o conto e que poderiamos facer nos, se algunha vez, algún neno/a nos fixese sentir así, a quen acudiríamos a pedir axuda... O máis curioso foi que a maioría dos nenos/as da aula pensaban que unha solución podía ser que Bruna cambiase de colexio e ningún pensou que a que debía cambiar de cole era Lula.
Conferencia de Alan. 4 anos
Alan expúxonos o Tiranosaurio-Rex. Contounos que é carnívoro, ten dúas patas, unhos dentes afiados e unha cola longa. Qué ben o fixeches, parabens Alan.
lunes, 24 de mayo de 2021
Xogo orientación en 5 anos
Hoxe fixemos un xogo de orientación na aula.
Un neno ou nena era elixido pola encargada da aula. Non podía facer o percorrido ata ter as indicacións completas de todo o percorrido.
A dificultade do xogo consistía en que, por equipos, debían establecer un patrón de movementos seguir para chegar a un determinado punto, só utilizando indicacións mediante frechas: diante, detrás, dereita e esquerda ⬆️⬇️⬅️➡️.
Pero na ficha, a diferencia do xogo, debían elixir, de entre 3 patróns, cal é o correcto para chegar á meta.
Lectoescritura con Dinosaurios.
Continuamos co Proxecto dos Dinosaurios. A actividade de hoxe consistía en escribir o nome dos dinosaurios seguindo o modelo. Recoñecemos as letras mediante o seu son fonético e debemos tentar reproducilas. Traballamos a lectoescritura cos dinosaurios.
Portada de Dinosaurios. 4 anos
Rematamos a portada de dinosaurios. Fixémola en varios pasos: estampamos a nosa man, despois fixémoslle o lombo con gomets e manchiñas con rotulador.Tamén estampamos unhas pegadas de dinosaurios e pegámoslle os olliños. Finalmente pintamos as letras. Qué bonita nos quedou.
viernes, 21 de mayo de 2021
Aniversario María e David en 5 anos
Hoxe celebramos o aniversario de María e David, que mañá cumpren 6 anos.
Explicaron todo xenial e comprobamos que a mantiña agora lles queda moi pequeniña.
Tamén fomos ao aula de informática a xogar co Caracol Bob 3. Encántame ver cómo se axudan os uns aos outros a pasar os diferentes niveis do xogo e o felices que son axudando e compartiendo os seus coñecementos cos compañeir@s!!
Cumpreanos de Saleta. 4 anos
Saleta cumpriu 5 anos estaba moi contenta. Celebrámolo seguindo o método Montessori dando cinco voltas arredor do Sol e soprando as velas. Parabens Saleta que cumpras moitos máis.
jueves, 20 de mayo de 2021
Grafismo creativo Xela Arias en 5 anos
Este luns foi o día das Letras Galegas, que estivemos celebrando durante toda a semana pasada na aula, pero quedounos pendiente facer unha portada para todas as fichas que traballamos sobre ela e as súas obras.
Hoxe por fin fixémola coa técnica do grafismo creativo.
Tamén hoxe foron ao patio para practicar coa frauta de émbolo no exterior, mantendo, por suposto, as distancias de seguridade.
Foi unha experiencia xenial!!
Esquema facial. 4 anos
Traballamos o esquema corporal, hoxe en concreto, o facial. Primeiro na pizarra xogamos a un xogo de partes da cara e despois cada neno e nena debía representalo na ficha. É incrible ver a evolución do debuxo do esquema corporal nos nenos e nenas.
miércoles, 19 de mayo de 2021
Cumpre Miguel en 5 anos
Onte Miguel estivo de aniversario e cumpriu 6 anos.
Hoxe celebrámolo na aula.
Trouxo moitas cousiñas: un chupete co seu colgador, unha camiseta da gardería, unha manualidade do día da Paz que fixo na gardería, un conto de cando era bebé, o seu primeiro cinto de Taikundo e moitas fotos de todos os seus cumpres, de cando naceu, con algún compañeiro da aula, da súa familia...
É o mellor e que nolo explicou todo xenial!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)